Saltar navegación

2. Que sabemos?

 

Glosario

Acento

Pictograma que representa o acento

Definición:

É un signo de ortografía que se coloca enriba dalgunhas vogais marcando o acento de intensidade. Algunhas veces tamén marca o timbre aberto ou pechado dalgunhas vogais.

Exemplo:

"Camión" leva acento porque é unha palabra aguda que remata en consoante "n".

Lingua de signos

Pictograma que representa a lingua de signos

Definición:

A lingua de signos é unha forma de comunicación que utiliza movementos e xestos coas mans para expresar ideas. É usada por persoas xordas ou con dificultades auditivas para comunicarse sen depender da linguaxe falada.

Exemplo:

O meu tío é xordo e de pequeno aprendeu a falar a lingua de signos.

Substantivo

Pictograma que representa ao substantivo é un moneco con raias por debaixo para poñer o nome

Definición:

É un tipo de palabra que utilizamos para referirnos a seres vivos, cousas inanimadas (sen vida), ou incluso conceptos abstractos.

Exemplo:

Os nomes propios son substantivos e escríbense con maiúscula.

Sabemos dar instrucións?

Cando aprendemos algo novo é importante que pensemos en que sabemos sobre esa nova cuestión. Nesta unidade didáctica van aparecer moitas cousas novas e interesantes, pero vexamos que sabes xa sobre algunhas delas.

Serás capaz de organizar estas tarxetas dun xeito lóxico? Pensa nos pasos que terías que facer para espremer un saboroso zume de laranxa.






Se tiveches éxito, parabéns! Acabas de darte instrucións a ti mesma ou a ti mesmo. Estiveches pensando cales eran o pasos necesarios para elaborar o zume de laranxa e despois seguíchelos un a un para conseguir resolver a actividade sobre como espremer un zume de laranxa. Parabéns! Porque aínda que penses que non, sabes dar instrucións.

Lectura facilitada

Se acertaches, parabéns!

Acabas de darte instrucións

a ti mesma ou a ti mesmo.

Estiveches pensando cales eran o pasos

necesarios para elaborar o zume de laranxa.

Seguiches os pasos de elaboración un a un.

Conseguiches resolver a actividade.

Parabéns!

Sabes dar instrucións.

Escribimos correctamente?

Xa ves a importancia que ten dar instrucións, pero tamén é moi importante saber escribilas e tamén seguilas correctamente.

Para escribir ben é moi importante saber certas cousas dunha palabra terrible, a gramática. Pero nós ímola facer divertida.
 

Lectura facilitada

Saber dar instrucións é importante.

Tamén é moi importante saber escribir instrucións.

Tamén é moi importante seguir instrucións.

Para escribir ben imos estudar gramática.

Pero nós ímola facer divertida.

Analizamos un tipo de texto instrutivo: a receita

Receita de hamburguesas vexetais

  • Que partes identificas neste tipo de documento instrutivo? 
  • Botas en falta algún dato que para ti sexa importante?
  • Non esquezas que comer ben é moi importante. Estás certa ou certo de que levas unha dieta saudable? Xustifica a túa resposta.

Rápidas coma un raio

Que importante é ler ben e comprender ben para seguir instrucións. Imos ver se tes boa comprensión. Durante 60 segundos vas ver un texto para ler. Despois terás que gravar o teu resumo e descargar o ficheiro de son. Envíallo á mestra ou mestre como che indique.

Lectura facilitada

Que importante é ler ben e comprender ben.

Iso axuda a seguir instrucións.

Imos ver se tes boa comprensión.

Durante 60 segundos vas ver un texto para ler.

Despois terás que gravar o teu resumo.

Deberás descargar o ficheiro de son. 

Envíallo á mestra ou mestre como che indique.

Lectura rápida

Lectura rápida

Vas ver un vídeo de 60 segundos cun pequeno texto. Le o texto con calma no tempo indicado porque despois deberás gravar un audio cun pequeno resumo sobre o que liches.

Grava o teu resumo

Agora segue as instrucións deste vídeo para gravar o teu resumo co portátil. Non esquezas facer entrega do ficheiro do xeito que che indique a mestra ou o mestre.

Como se avalía?

Aquí tes un exemplo de como podes avaliar a actividade.

¨Rúbrica lectura rápida

Lectura facilitada

Lectura rápida

Vas ver un vídeo de 60 segundos cun pequeno texto.

Le o texto con calma no tempo indicado.

Grava un audio cun pequeno resumo sobre o que liches.

Grava o teu resumo

Agora segue as instrucións deste vídeo.

Para gravar o teu resumo co portátil.

Non esquezas facer entrega do arquivo.

A mestra ou o mestre dirache como entregalo.

Como se avalía?

Aquí tes un exemplo de

como podes avaliar a actividade.

¨Rúbrica lectura rápida

Sabemos seguir instrucións?

Que gran cantidade de linguas se falan en Europa. Imaxinas todas as que se falarán no mundo? Pois son arredor dunhas 7100 linguas.

Imos poñer en práctica un pouco a nosa lingua, a nosa compresión e ver se lembramos como seguir instrucións correctamente:

Xa sabes que en Galicia se fala o galego e que temos tres bloques dialectais. Segue a receita que atoparás máis abaixo para elaborar o teu mapa dos bloques. Lembra que este mapa é só unha pequena aproximación, non é exacto. Se queres ver un mapa exacto podes atopalo nesta ligazón. A túa mestra ou o teu mestre darache unha copia do mapa para realizar. 

Receita dos bloques dialectais

Lectura facilitada

No mundo fálanse unhas sete mil duascentas linguas.

Imos poñer en práctica un pouco a nosa lingua.

Traballaremos a nosa compresión.

Imos ver se lembramos como seguir instrucións correctamente.

Xa sabes que en Galicia se fala o galego.

Sabes que temos tres bloques dialectais.

Elabora o teu mapa dos bloques dialectais.

A túa mestra ou o teu mestre darache unha copia do mapa para realizar. 

Receita dos bloques dialectais

Materiais

  • Mapa de Galicia.
  • Lapis e goma.
  • Tres rotuladores de cores distintas.
  • Tres ceras de cores distintas.
  • Unha regra.

Instrucións

  1. Coloca o mapa fronte a ti.
  2. Localiza a desembocadura do Río Mandeo.
  3. Localiza a vila de A Cañiza.
  4. Une os dous puntos que localizaches antes no mapa.
  5. Axúdate da regra.
  6. Agora busca a desembocadura do Río Eo.
  7. Busca tamén a vila de A Gudiña.
  8. Une os dous últimos puntos que localizaches antes no mapa.
  9. Axúdate da regra.

Pon o nome dos tres bloques dialectais

no bloque correspondente con rotulador.

Pinta cada bloque cunha cor distinta.

Fai a lenda do teu mapa na parte inferior esquerda.

  • Localiza a parte inferior esquerda da túa folla.
  • Debuxa un cadrado nesa zona.
  • Dentro dese cadrado debuxa tres cadrados distintos.
  • Un debaixo do outro.
  • Ao lado de cada cadrado escribe o nome dun dos bloques.
  • Pinta cada cadrado da cor que lle corresponda segundo o nome do bloque que lle puxeches.
  • Por exemplo, se pintaches o bloque occidental de azul pinta o cadrado dese nome de azul.

Precisas axuda?

Un pouquiño de axuda.




Segues perdida ou perdido?

Non te preocupes, podemos axudar. 

Non era tan difícil, a que non?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)