Saltar navegación

Estudo de casos dialectais

Estudo de casos dialectais por bloques

Vas continuar traballando en grupo. Facede as 4 actividades seguintes de cada bloque dialectal. 

Xa sabes que non todo o mundo fala igual. Temos unha mesma lingua, pero diversas formas de falar esa lingua. Isto resulta moi enriquecedor e é unha característica cultural do noso país e da nosa comunidade. 

Poñede en práctica a vosa fala para entendervos no voso grupo. 

Seguindo as indicacións da mestra ou do mestre podedes facer as actividades no voso ordenador ou no voso caderno.

Empezamos co bloque oriental, logo continuamos co central e finalmente rematamos no occidental. Como fixemos no "Camiño do dialectalismo". 

Boa sorte equipo!

Bloque Oriental

1. Le esta oración e fíxate nas palabras en grosa da lingua galega.

Primeiro lavades os pantalóns en auga fría, non quente. Poden perder a cor. Iso pasoulle ao meu irmán este verán.

2. Le agora a mesma oración empregando unha fala distinta e escolle unha resposta correcta.

Primeiro *lavais os *pantalois en auga fría, non quente. Poden perder a cor. *Eso pasoulle ao meu *irmao este *v'rao.

Le en voz alta a mesma oración e comproba o audio orixinal da zona. 

Contesta as seguintes preguntas sobre o audio

Ves algunha diferenza nesta fala? 

a)

Cambian algúns sons e terminacións de sílabas.

b)

As palabras son moi distintas.

c)

Só cambian algúns sons.

Que é o que cambian na maioría destas palabras?

a)

As terminacións.

b)

Os sons de vogais e consoantes.

Cales son os sons que máis cambian?

a)

Os sons das vogais.

b)

Os sons das consoantes.

Cal destas opcións son correctas para esas palabras con asterisco?

a)

Son palabras incorrectas e non son admitidas. 

b)

Son palabras que se admiten como variedades dialectais, pero non na forma escrita. 

c)

Son palabras que se poden falar e escribir por igual. 

Emparella cada palabra con asterisco co fenómeno dialectal.

DEMOSTRATIVOS NEUTROS  ISTO... TERMINACIÓN PLURAL -ÓNS
TERMINACIÓN -AN  FORMA DO PRESENTE EN -ADES
TERMINACIÓN -AN 

 

Bloque Central

1. Le esta oración e fíxate nas palabras en grosa.

Eran tres irmáns, el era o máis pequeno e tamén o mellor, pero non lle gustaba poñer os zapatos dos maiores.

2. Le agora a mesma oración empregando unha fala distinta e escolle unha resposta correcta.

Eran tres irmaos*, il* era o máis pequeno e tamén o millor*, pero non lle gustaba poñer os zapatos dos maiores.

Le en voz alta a mesma oración e comproba o audio orixinal da zona. 

Responde a estas preguntas.

Vendo estas diferenzas nesta fala, de que zona pensas que é? 

a)

Da zona de montaña dos Ancares ou O Courel, na fronteira con Castela ou Asturias, chamado bloque oriental.

b)

Da zona da meseta ou ao longo do leito do río Miño, chamado bloque central.

c)

Da zona da costa Atlántica ao longo das rías altas e baixas, chamado bloque occidental.

Que tipos de substantivos cambian nas terminacións?

a)

Os substantivos rematados en -an.

b)

Os substantivos rematados en -ado como avogado en "avogao".

c)

Todo tipo de substantivos.

Os substantivos plurais acabados en -ón como a palabra "terminación" tamén cambian a outra forma. Cal destas é?

a)

Terminaciois.

b)

Terminacións.

c)

Terminaciós.

Emparella cada palabra con asterisco co fenómeno dialectal.

NOMES REMATADOS EN -AN CAMBIO VOCÁLICO DE PRONOMES
CAMBIO DA VOGAL E POLA I

Bloque Occidental

1. Le esta oración e fíxate nas palabras en grosa da lingua normativa.

Gustaríame saber onde gardaches os zapatos negros.

2. Le agora a mesma oración empregando unha fala distinta e escolle unha resposta correcta

*Ghustaríame saber onde *ghardaches os *sapatos *neghros.

Le en voz alta a mesma oración e comproba o audio orixinal da zona. 

Responde ás seguinte preguntas sobre o audio.
Son diferenzas relacionadas cos sons ou teñen terminacións e vogais diferentes?

a)

Hai diferenzas que impiden comprender ben o significado.

b)

Hai diferenzas importantes con palabras distintas polas terminacións.

c)

Só hai diferencias de sons como "s" e co "h" que non impiden a comprensión.

Como se chaman eses dous procesos sonoros diferentes nesta zona?

a)

Seismo e mutismo.

b)

Seseo e gheada.

c)

Só hai seseo.

d)

Só hai gheada.

Emparella cada palabra con asterisco co fenómeno dialectal.

GHEADA GHEADA
SESEO GHEADA

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)