Saltar navegación

3.1. Manual de canles de comunicación

 

Glosario

Comunicar

Pictograma de dúas persoas falando

Definición:

Capacidade que teñen as persoas de dar a coñecer unha información a outras.

Exemplo:

As persoas poden comunicar o que precisan ou como se senten de moitas maneiras. Coa fala, con xestos ou, ás veces, coa mirada.

Dixital

Pictograma dun ordenador

Definición:

Sistema moderno para almacenar información.

Exemplo:

A tecnoloxía dixital está cambiando o mundo.

Manual

Pictograma dun libro cun moneco cun martelo na man traballando

Definición:

É un documento ou libro que nos indica información básica dun aparello ou dun tema.

Exemplo:

O electrodoméstico sempre trae un manual de uso.

Rúbrica

Pictograma dunha cuadrícula

Definición:

É un instrumento de avaliación. Está formado por filas e columnas. Cada fila ten un apartado para avaliar e as columnas dan opcións de como avaliar cada apartado.

Exemplo:

Na escola usamos moitas rúbricas para saber que tal fixemos o noso traballo.

Tecnoloxía

Pictograma que representa tecnoloxía cun ordenador  e móbil

Definición:

Conxunto de dispositivos ou procedementos que se usan para facer máis fácil certas actividades.

Exemplo:

A tecnoloxía está cambiando a maneira na que aprendemos e traballamos

Comezamos

Unhas mans escribindo nun ordenador e un robot de pé.

Xa estamos avanzando máis e máis no que precisas para resolver o reto.

Fíxate na imaxe: unha persoa está dando instrucións a un robot; é o que se coñece como programar. Programar non é máis que dar instrucións a unha máquina. É algo máis técnico, pero a persoa que programa ten que seguir unhas normas para que funcione o robot ou programa que está facendo e utilizar unha linguaxe ou código de programación axeitado.

O emisor ou emisora sería a persoa que programa, o receptor ou receptora sería o robot que recibe a programación. O programa ou programación sería a mensaxe. As mensaxes teñen un código, no caso do noso robot está recibindo a mensaxe en código de mBlock. A canle neste caso sería dixital. Non podemos esquecer o contexto no que se está a producir esta comunicación. Pero que é cada unha desas cousas?

Lectura facilitada

Xa estamos avanzando máis no que precisas para resolver o reto.

Fíxate na imaxe.

Unha persoa está dando instrucións a un robot. 

A persoa está programando.

Programar é dar instrucións a unha máquina. 

A persoa que programa ten que seguir unhas normas.

Se o fai ben fará que funcione o robot.

O programa que está facendo utiliza unha linguaxe.

Chámase código de programación.

  • O emisor ou emisora sería a persoa que programa.
  • O receptor ou receptora sería o robot que recibe a programación.
  • O programa ou programación sería a mensaxe.
  • As mensaxes teñen un código.
    • Está recibindo a mensaxe en código de mBlock.
  • A canle neste caso sería dixital.
  • Non podemos esquecer o contexto que neste caso é a aula.

Pero, que é cada unha desas cousas?

Elementos da comunicación

Se o robot fai exactamente o que programou a persoa, daquela a mensaxe foi efectiva e houbo compresión por parte do robot. A expresión e a comprensión son dúas partes básicas no proceso de comunicación. Expresar quere dicir que se comunican ideas. Comprender refírese a interpretar e entender as mensaxes de forma correcta. As dúas son básicas nas canles de comunicación oral e escrita.

Unha expresión axeitada facilita a transmisión de mensaxes de forma clara e sen malentendidos. A comprensión é moi importante no teu proceso de aprendizaxe. Ao entender conceptos e ideas mellorarás o teu coñecemento.

A continuación, pulsa sobre as iconas activas da imaxe que atoparás debaixo deste texto para aprender sobre os elementos da comunicación.

Lectura facilitada

Se a persoa programou ben a mensaxe

o robot fará exactamente o que lle indicou.

A mensaxe foi efectiva.

Houbo compresión por parte do robot.

A expresión e a comprensión son básicas no proceso de comunicación.

Expresar quere dicir que se comunican ideas.

Comprender quere dicir interpretar as mensaxes de forma correcta.

Comprender tamén quere dicir entender as mensaxes de forma correcta.

Expresar e comprender as cousas son habilidades importantes.

Son importantes nas canles de comunicación oral e escrita.

Unha expresión axeitada facilita a transmisión de mensaxes.

A comprensión é fundamental para o teu proceso de aprendizaxe.

A comprensión é fundamental para a túa mellora do coñecemento.

A continuación, pulsa sobre as iconas da imaxe que atoparás debaixo.

Aprenderás sobre os elementos da comunicación.
 
 
 
 
 

Preme sobre as áreas ou iconas activas da imaxe

2

Prema sobre as áreas ou iconas activas da imaxe.

{"typeGame":"Mapa","instructions":"","showMinimize":false,"showActiveAreas":false,"author":"","url":"resources/Elementos_comunicacion.png","authorImage":"Elaboración propia (proxecto cREAgal) a partir de pictogramas de ARASAAC.","altImage":"Imaxe con diferentes elementos de comunicación","itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"points":[{"id":"p1579640327483","title":"Emisor","type":2,"url":"","video":"","x":0.8686458587646484,"y":0.6067344372751481,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":64,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","map":{"id":"a1579640327483","pts":[{"id":"p1680486567733","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1680486567733","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1680486567733","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1579640327483","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":"","color":"#000000","fontSize":"14"},{"id":"p148288038267","title":"Receptor","type":2,"url":"","video":"","x":0.819375,"y":0.15157660835214448,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":64,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","map":{"id":"a148288038267","pts":[{"id":"p1246745486437","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1246745486437","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1246745486437","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s148288038267","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":"","color":"#000000","fontSize":"14"},{"id":"p1476307044535","title":"Mensaxe","type":2,"url":"","video":"","x":0.5971875,"y":0.21983457957110608,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":64,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","map":{"id":"a1476307044535","pts":[{"id":"p1003481503052","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1003481503052","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1003481503052","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1476307044535","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":"","color":"#000000","fontSize":"14"},{"id":"p524038893457","title":"Código","type":2,"url":"","video":"","x":0.1784375,"y":0.40214094243792325,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":64,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","map":{"id":"a524038893457","pts":[{"id":"p429742384037","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a429742384037","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s429742384037","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s524038893457","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":"","color":"#000000","fontSize":"14"},{"id":"p104368166101","title":"Canle","type":2,"url":"","video":"","x":0.4646875,"y":0.4071934960496614,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":64,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","map":{"id":"a104368166101","pts":[{"id":"p613393055943","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a613393055943","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s613393055943","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s104368166101","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":"","color":"#000000","fontSize":"14"},{"id":"p1133777351292","title":"Contexto","type":2,"url":"","video":"","x":0.4659375,"y":0.9032696106094809,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":64,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","map":{"id":"a1133777351292","pts":[{"id":"p365430606422","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a365430606422","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s365430606422","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1133777351292","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":"","color":"#000000","fontSize":"14"}],"isScorm":1,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":true,"textAfter":"","evaluation":0,"selectsGame":[{"typeSelect":0,"numberOptions":4,"quextion":"","options":["","","",""],"solution":"","solutionWord":"","percentageShow":35,"msgError":"","msgHit":""}],"isNavigable":true,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"version":2,"percentajeIdentify":100,"percentajeShowQ":100,"percentajeQuestions":100,"autoShow":false,"autoAudio":true,"optionsNumber":0,"evaluationF":false,"evaluationIDF":"","id":"20241229201034-60","order":"","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgIndicateWord":"Proporcione unha palabra ou expresión","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgScore":"Puntuación","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgSuccesses":"Correcto! | Excelente! | Xenial! | Moi ben! | Perfecto!","msgFailures":"Non era iso! | Incorrecto! | Non é correcto! | Sentímolo! | Erro!","msgTryAgain":"Necesita polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volva a intentalo.","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgPoint":"Punto","msgAnswer":"Resposta","msgOnlySaveScore":"Só pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A súa puntuación","msgOnlySaveAuto":"A súa puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A súa puntuación gardarse automáticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pode gardar a puntuación tantas veces como queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizou esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pode realizar esta actividade tantas veces como queira","msgClose":"Pechar","msgPoints":"puntos","msgPointsA":"Puntos","msgQuestions":"Prguntas","msgAudio":"Audio","msgAccept":"Aceptar","msgYes":"Si","msgNo":"Non","msgShowAreas":"Amosar áreas activas","msgShowTest":"Amosar cuestionario","msgGoActivity":"Clique aquí para facer esta actividade","msgSelectAnswers":"Seleccione as opcións correctas e clique no botón ","msgCheksOptions":"Marca todas as opcións na orde adecuada e pulsa no botón ","msgWriteAnswer":"Escribe a palabra ou frase correcta e fai clic no botón ","msgIdentify":"Identifica","msgSearch":"Buscar","msgClickOn":"Pulsa sobre","msgReviewContents":"Debes repasar o %s% dos contidos da actividade antes de completar o cuestionario.","msgScore10":"Todo perfecto! Parabéns! Desexas repetir esta actividade?","msgScore4":"Non superaches esta proba. Repasa os seus contidos e téntao de novo. Desexas repetir a actividade?","msgScore6":"Moi ben! Superaches a proba, pero seguro que o podes mellorar. Desexas repetir esta actividade?","msgScore8":"Casi perfecto! Aínda o podes facer mellor. Desexas repetir esta actividade?","msgNotCorrect":"Non é correcto! Pulsaches sobre","msgNotCorrect1":"Non é correcto! Pulsaches sobre","msgNotCorrect2":"e a resposta correcta é","msgNotCorrect3":"Téntao outra vez!","msgAllVisited":"Xenial! Visitaches os puntos necesarios.","msgCompleteTest":"Vostede pode facelo test.","msgPlayStart":"Pulse aquí para comezar","msgSubtitles":"Subtítulos","msgSelectSubtitles":"Seleccione un ficheiro de subtítulos. Formatos soportados:","msgNumQuestions":"Número de preguntas","msgHome":"Inicio","msgReturn":"Volver","msgCheck":"Comprobar","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Mapa"}}

É quen transmite a información.

Quen recibe a información.

Información que se envía ou se recibe. Exemplo: "Robot ponte de pé".

Sinais, signos, palabras que se usan. Por exemplo, este robot programouse para poñerse de pé con códigos de programación de mBlock. 

É o medio polo cal se envía a mensaxe. 

É a situación ou escenario onde se produce o acto comunicativo. Neste caso, se te fixas, están nunha aula dunha escola. 

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Manual de usuario e usuaria de canles de comunicación oral

Como ves existen moitos tipos de canles de comunicación, pero nós imos ver en detalle as canles de comunicación oral e escrita. Ademais, imos aproveitar para coñecer outro tipo de texto instrutivo, neste caso os manuais. 

Un manual é un tipo de libro ou documento que nos ensina a facer algunha cousa. Pode ter instrucións e/ou explicacións paso a paso sobre como realizar unha actividade concreta ou utilizar algún programa, ferramenta, electrodoméstico. Por exemplo, pode haber manuais para montar un moble ou aprender a manexar o LibreOffice, unha ferramenta dixital para crear textos, presentacións, debuxos... 

Fíxate neste manual que agora che presentamos. 

Manual de canles de comunicación





Lectura facilitada

Existen diferentes tipos de canles de comunicación.

Examinaremos en detalle as canles de comunicación oral e escrita.

Tamén aprenderemos sobre outro tipo de texto instrutivo, os manuais.

Un manual é un libro ou documento que ensina a facer algo, con instrucións paso a paso.

Pode axudar a realizar actividades concretas ou usar programas, ferramentas ou electrodomésticos.

Por exemplo, hai manuais para montar mobles ou aprender a usar software como o LibreOffice.

Fíxate no manual que che presentamos agora.

Manual de canles de comunicación oral.

Axudarache a escoller a mellor canle de comunicación oral.

Temos introdución.

Temos Canle de comunicación oral presencial.

Temos Canle de comunicación oral telefónica. 

Temos Canle de comunicación oral videoconferencia.

Introdución.

A comunicación oral é moi sinxela.

Permite o intercambio de información e ideas.

A interacción oral en grupo axuda a practicar esas habilidades.

Se traballas a interacción oral expresarás mellor as túas ideas.

Debes ter habilidades tecnolóxicas para algunhas canles.

Elixir a canle depende de onde queiras usala.

Elixir  a canle tamén depende da outra persoa ou persoas.

Canle de comunicación oral presencial.

Comunicación directa, en persoa.

Faise na mesma localización ou espazo físico.

Vantaxes:

Permite a interacción directa.

Facilita a expresión de emocións.

Favorece unha comunicación máis completa e rica.

Limitacións:

Hai que estar no mesmo sitio ao mesmo tempo

Podes usala coas amizades.

Canle de comunicación oral telefónica.

Realízase a través de teléfonos fixos ou móbiles.

Vantaxes:

posibilita a comunicación en tempo real.

Non precisas estar fisicamente presente.

Limitacións:

Non ves a outra persoa.

Dificulta a comprensión completa.

Dependes da calidade da cobertura.

Dependes dunha rede de conexión para ter comunicación.

Podes usalas para emerxencias (112).

Canle de comunicación oral videoconferencia.

Combina vídeo e audio.

Permite comunicación en tempo real a través de medios dixitais.

Vantaxes:

Máis completa que a comunicación telefónica.

Podes ver a outra persoa

É útil para reunións.

Limitacións:

Podes ter problemas de conectividade.

A comunicación pode ser pouco eficiente.

Podes usala nos traballos en grupo.

Canles de comunicación escrita

Acabas de ver un exemplo de como podería ser un manual para explicar o que son as canles de comunicación oral. Fíxate que é moi importante ter un índice para atopar o apartado concreto que che interese. Ademais, é frecuente que os manuais estean en varias linguas, sobre todo cando son de produtos tecnolóxicos ou simplemente para que poidan chegar a máis xente. 

E as canles de comunicación escrita? 

Son os medios utilizados para intercambiar información por escrito. Existen diversas canles para expresar información por escrito:

Manuscrita

Trátase da escritura feita á man con bolígrafo, lapis ou outras ferramentas tradicionais.
  • Vantaxes: implica un toque persoal e único á comunicación ao utilizar a túa propia letra. Normalmente utilízase para cartas, apuntamentos, notas e outros documentos de carácter máis persoal.
  • Limitacións: é lenta e se non tes boa letra pode facer difícil entender a mensaxe.

Impresa

Referímonos á escrita impresa en impresoras ou máquinas automáticas, frecuente en libros, xornais, revistas, folletos...
  • Vantaxes: permite a reprodución e difusión rápida de información.
  • Limitacións: produce custos elevados de produción (gasta papel, tintas...) e distribución, xa que hai que levar os produtos finais a superficies de venta, librarías...

Dixital

Trátase das producións escritas a través de dispositivos electrónicos, como ordenadores, tabletas ou teléfonos intelixentes.
  • Vantaxes: a difusión de información é máis rápida, case en tempo real. Permite a inclusión de imaxes, vídeos e outros elementos multimedia.
  • Limitacións: depende da conectividade á Rede.

Elixir unha ou outra canle escrita dependerá do contexto e de para quen vai dirixida.

Co avance da tecnoloxía, a comunicación escrita tamén evolucionou. Hoxe en día é posible incluso ditar oralmente a unha máquina para que tome as notas por nós. Sen dúbida isto está a transformar a maneira na que compartimos información.

Lectura facilitada

Acabas de ver un exemplo de como podería ser un manual.

Ese manual é para explicar as canles de comunicación oral.

Hai que incluír un índice para facilitar a busca de seccións específicas.

Os manuais adoitan estar dispoñibles en varias linguas.

Agora aprenderás sobre  as canles de comunicación escrita?

Manuscrita.

Trátase da escritura feita á man con bolígrafo,

lapis ou outras ferramentas tradicionais.

  • Vantaxes: persoal e única, usada en cartas e notas persoais.

  • Limitacións: lenta, difícil de entender se a letra non é clara.

Impresa.

Producida en impresoras para libros, xornais, revistas.

  • Vantaxes: información rápida e difusión ampla.
  • Limitacións: custos elevados de produción e distribución.

Dixital.

Escrita producida en dispositivos electrónicos

como ordenadores ou tabletas.

  • Vantaxes: difusión rápida, inclusión de imaxes e vídeos.
  • Limitacións: depende da conexión á Rede.

Escoller unha ou outra canle de escritura

depende do contexto e do público.

A tecnoloxía permite novas formas de comunicación escrita,

como o ditado oral a máquina.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)