Saltar navegación

Reto 2. O prospecto de EDIXGAL

O prospecto de Edixgal entra a escena

Vexo que escollestes facer un prospecto (parabéns), imos comezar! Trataremos agora os diferentes apartados que compoñen o prospecto sobre algún dos temas relacionados cos ordenadores Edixgal.

É importante que vos informedes moi ben primeiro para facer un bo traballo para os vosos compañeiros e as vosas compañeiras e así toda a clase poida facer un bo uso dos seus ordenadores.

Non esquezas facelo nunha cor e fonte atractivas. Comezamos!

Texto prospecto

Lectura facilitada

Escollestes facer o prospecto.

Veremos os apartados que debedes completar.

Importante estar moi ben informados antes de comezar.

Así poderedes explicar mellor as cousas.

Ao explicar ben haberá menos problemas no futuro.

Usade unha letra e unha cor que chame a atención.

Comezamos!

Imaxe prospecto

Poñemos o título da guía e inserimos algunha foto

Agora que xa temos o reto escollido, comezamos por poñerlle un título rechamante. 

Nesta primeira fase temos que indicar o máis importante e o que se vai ver a primeira vista. O título, que se pode modificar logo, pódese empezar a crear seguindo este titorial:

Escolle un título que axude rapidamente a recoñecer o tipo de guía. Sabemos que polo xeral o deseño dos prospectos non é o máis lucido do mundo, pero como non somos farmacéuticos podemos darnos esa licenza creativa. Podemos tamén engadir unha foto relacionada co tema se o desexamos. 

Inserimos primeiro o título, logo a foto e deseñamos o seu lugar. O título pódese realizar no LibreOffice Draw empregando as letras tipo "banner" chamadas "Fontwork" no despregable de inserir.

A continuación, veredes unha mostra de onde o podes engadir en función do formato que decidades escoller

1. Como poñemos o título?

Se decidides realizar o prospecto co voso portátil teredes que comezar a deseñalo en LibreOffice Draw. Poderemos incluír un título cun formato predefinido do Draw. 

Para iso:

Inserir texto fontwork
1. Vaite ao menú superior e fai clic nesa letra F que podes ver na imaxe.
Inserir texto fontwork
2. Aparecerá a Galería de FontWork, escolle o deseño que máis che guste.
 
Inserir texto fontwork
3. Fai clic en "Aceptar" cando selecciones o deseño que queres.
Inserir texto fontwork
4. Para agregar texto fai dobre clic enriba do texto. Poderás editar e escribir o que queiras. Fai clic fóra, en calquera parte do folio, para ver como queda.

Inserir título fontwork5. Se fas clic de novo no texto aparecerán uns cadros ao arredor.

Selecciona, por exemplo, un dos cadros das esquinas para poder cambiarlle o tamaño ao teu gusto.

2. Onde o colocamos?

Só resta colocar o título no lugar que prefirades do documento. Onde colocar o título

3. E se o facemos en papel, cartolina... Como poño o título?

Se decidides realizar o prospecto nun formato físico, nunha cartolina ou papel, seguiredes o mesmo esquema proposto. Escolleredes cores ou rotuladores do voso agrado.

Título en papel

Lectura facilitada

Comezade por poñerlle un título rechamante. 

Indicade o máis importante.

O título pódese empezar a crear seguindo este titorial:

Escolle un título que axude dun xeito rápido

a recoñecer o tipo de guía.

Podedes engadir unha foto relacionada co tema. 

Inseride primeiro o título e logo a foto.

A continuación, veredes unha mostra:

1. Como poñemos o título?

Se decidides realizar o prospecto co voso portátil

teredes que comezar a deseñalo en LibreOffice Draw.

Poderemos incluír un título cun formato predefinido do Draw. 

Para iso:

Inserir texto fontwork
1. Vaite ao menú superior e fai clic nesa letra F que podes ver na imaxe.
Inserir texto fontwork
2. Aparecerá a Galería de FontWork, escolle o deseño que máis che guste.
 
Inserir texto fontwork
Licenza: 3. Fai clic en "Aceptar" cando selecciones o deseño que queres.
Inserir texto fontwork
4. Para agregar texto fai dobre clic enriba do texto. Poderás editar e escribir o que queiras. Fai clic fóra, en calquera parte do folio, para ver como queda.

Inserir título fontwork5. Se fas clic de novo no texto aparecerán uns cadros ao arredor.

Selecciona, por exemplo, un dos cadros

das esquinas para poder cambiarlle o tamaño ao teu gusto.

2. Onde o colocamos?

Só resta colocar o título no lugar que prefirades do documento. Onde colocar o título

3. E se o facemos en papel, cartolina... Como poño o título?

Se decidides realizar o prospecto nun formato físico,

nunha cartolina ou papel,

seguiredes o mesmo esquema proposto.

Escolleredes cores ou rotuladores do voso agrado.

Título en papel

Que é e para que serve

preguntaAquí imos comezar o noso prospecto. Recorda que todos comparten unha introdución onde nos indica que se trata no documento e un breve índice. Ides contar en concreto de que irá o voso tema e as partes que o compoñen. 

A información para a persoa usuaria

Aquí indicaredes unha serie de instrucións que toda persoa usuaria do equipamento Edixgal e, polo tanto, lectora deste prospecto terá que seguir: 

Como inserir a introdución
1. Pulsade na pestana de inserir cadro de texto. 
Inserir instrucións
Licenza: 2. Neste apartado indicaredes as instrucións para entender o prospecto.

Contido do prospecto

A continuación poñedes o índice coas partes do voso prospecto: 

Inserir contido 

Lectura facilitada

preguntaIdes contar en concreto

de que irá o voso tema

e as partes que o compoñen. 

A información para a persoa usuaria

Aquí indicaredes unha serie de instrucións

que toda persoa usuaria

do equipamento Edixgal terá que seguir: 

Como inserir a introdución
1. Pulsade na pestana de inserir cadro de texto. 
Inserir instrucións
2. Neste apartado indicaredes as instrucións para entender o prospecto.

Contido do prospecto

A continuación poñedes o índice

coas partes do voso prospecto: 

Inserir contido 

1. Que son os equipamentos Edixgal

Xa levamos unhas semanas empregando o equipamento. Pode ser necesario deixar indicado para futuras novas persoas usuarias, que son os equipamentos. Fai unha breve descrición do portátil, o seu uso e as súas funcións. 

Que é o equipamento edixgal

Lectura facilitada

Pode ser necesario deixar indicado

para futuras novas persoas usuarias

que son os equipamentos Edixgal.

Fai unha breve descrición do portátil.

O seu uso e as súas funcións. 

Que é o equipamento edixgal

2. Que preciso saber antes de empregalo?

antes

Antes de empregalo fai referencia as cousas que os vosos compañeiros e as vosas compañeiras da clase deben ter en conta antes de seguir avanzando no prospecto. 

Que preciso saber antes
A continuación, colocaremos o título deste apartado.
Que preciso saber antes
E faremos unha explicación do que precisa saber toda persoa usuaria.

Lectura facilitada

antes

Antes de empregalo

indica as cousas que se deben

ter en conta sobre o equipamento.

Que preciso saber antes
A continuación, colocaremos o título deste apartado.
Que preciso saber antes
E faremos unha explicación do que precisa saber toda persoa usuaria.

3. Como tomalo, normas de uso

tomarEste é o apartado máis importante, pois será aquí onde lle contedes á clase toda a información que atopastes anteriormente no apartado 4.2. No exemplo recóllense as normas de uso do equipamento.

Recordade que a información debe estar ben ordenada, ben explicada e se hai unha palabra rara explicade o seu significado.

Normas do equipamento
1. Comezamos co título
Normas do equipamento 2
2. Explicamos as normas de uso dos portátiles.

Lectura facilitada

tomarAquí é onde lle contedes á clase

toda a información que atopastes anteriormente

na fase 4.2. Espías dos contidos.

No exemplo recóllense as normas de uso do equipamento.

Recordade que a información debe estar ben ordenada.

Normas do equipamento
1. Comezamos co título
Normas do equipamento 2
2. Explicamos as normas de uso dos portátiles.

4. Posibles erros no seu uso

electricidade

Que pasaría ser non coidades o ordenador? Ou se ides sen coidado navegando pola Rede? 

Todo uso dos recursos TIC teñen unhas consecuencias negativas se non se usan debidamente, incluso a nivel físico (se non se usa como se debe unha estación de carga pode dar descargas).

Aquí incluiredes todas as consecuencias que poden ter a mala utilización de aquel tema que estades a tratar.

Erros no uso

Lectura facilitada

electricidade

Que pasaría se non coidades o ordenador?

Ou se ides sen coidado navegando pola Rede? 

O mal uso dos recursos TIC

pode ter consecuencias negativas.

Aquí mencionaredes todas

as posibles consecuencias

dunha mala utilización.

Erros no uso

5. Conservación no seu uso

Gardar

Para manter o formato prospecto, no último apartado indicaredes os mellores consellos para manter operativo e en bo estado os vosos equipamentos. 

Conservación do portátil

Lectura facilitada

Gardar

Indicaredes os mellores consellos

para manter operativos e en bo estado

os vosos equipamentos. 

Conservación do portátil

Resultado final

Chegastes ao final do prospecto, pero antes de rematalo ides indicar quen participou na elaboración do traballo: 

Persoas autoras

Por último, non esquezades darlle unha boa revisión ao voso documento con moita atención para comprobar que está todo correcto. E con isto xa teremos o noso reto completo, parabéns!

celebrar

Lectura facilitada

Chegastes ao final do prospecto.

Ides indicar quen participou na elaboración do traballo: 

Persoas autoras

Non esquezades darlle unha boa revisión ao voso documento.

Con isto xa teremos o noso reto completo, parabéns!

celebrar

Como se avalía o reto

Tede en conta que se vai avaliar como o facedes.  Esta rúbrica axudaravos a saber que debedes ter en conta.

Rúbrica coavaliación

Lectura facilitada

Tede en conta que se vai avaliar como o facedes. 

Esta rúbrica axudaravos a saber que debedes ter en conta.

Rúbrica coavaliación

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)