Saltar navegación

3. Conexión

Conexión

Cando collemos un avión, antes de arrincar sempre recibimos unhas indicacións para casos de emerxencia. É moi importante prestar atención a esas indicacións para saber que facer se, por exemplo, o avión cae a auga ou se perdemos a presión na cabina. Esa é unha das funcións dos textos instrutivos, darnos a información concreta e específica que precisamos. 

Ao longo deste apartado vas ver moitos tipos de textos instrutivos: manuais, mapas, prospectos... Fíxate ben na súa construción e nas súas partes. Tamén en como tratan a información e en que estilo e formato a presentan.

Ademais, tamén aprenderás aspectos gramaticais que son moi aburridos, pero moi importantes para aprender a escribir mellor e facernos entender correctamente.

A que queres que se che entenda ben cando escribes ou cando contas algo?

Imos aló!

Lectura facilitada

Presta atención ás indicacións de seguridade cando viaxes en avión.

Os textos instrutivos dan información específica para emerxencias.

Vas ver diferentes tipos de textos instrutivos: manuais, mapas, prospectos...

Observa como están construídos e as súas partes.

Aprenderás aspectos gramaticais importantes para escribir mellor.

Queres que te entendan cando escribes ou contas algo?

Pois daquela imos aló!

Cal vai ser a nosa estratexia?

Para chegar a conseguir o reto temos que ter claro que temos que saber e o que temos que facer:

  1. Afonda e coñece os tipos de textos instrutivos e as súas principais características, con especial énfase no texto que ides elaborar. 
  2. Coñece os aspectos lingüísticos que poden afectar ao teu texto.
  3. Aprende a escribir mellor e a non ter faltas de ortografía.
  4. Deseña a estrutura e o contido do teu texto. 
  5. Revisa e adapta o texto para dalo a coñecer. 

Lectura facilitada

Coñece os tipos de textos instrutivos e as súas características principais.

Presta especial atención ao texto que vas elaborar.

Aprende sobre os aspectos lingüísticos que poden afectar ao teu texto.

Practica para escribir mellor e evitar faltas de ortografía.

Deseña a estrutura e o contido do teu texto.

Revisa, e adapta o texto antes de dalo a coñecer.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)