Facemos esquemas
Ao longo das fases anteriores tivestes xa explicacións de como ser persoas organizadas e de que contidos ir metendo nos vosos respectivos textos instrutivos.
Chegou a hora de montar e construír. Lembrade que recomendamos a ferramenta DRAW, pero se decidides facelo de maneira tradicional en formato papel, cartolina..., tamén podedes.
Iso si, non esquezades revisar ben os documentos en todos os aspectos que se traballaron ao longo deste REA.
Aquí podedes atopar pequenos esquemas para que vos axuden a revisar eses aspectos:
Diversidade Lingüística - Escribimos en galego normativo?
Pode ser que vivades nunha zona con variedades dialectais. Asegurádevos de que as palabras que utilizades son normativas. Lembra que podes dicilas, pero non escribilas.
Acentuación - Acentuamos ben todas as palabras?
Substantivos - Repetimos moitas palabras?
Conectores - Enlazastes ben as frases dos vosos textos?
Neste REA non vimos este contido, pero é algo que podedes mellorar para ter unha redacción máis ordenada. Revisade este esquema de conectores para mellorar os vosos textos.
O proceso de revisión terá que irse facendo ao longo desta fase, así que ten a man estes esquemas.
A construír!
Lectura facilitada
Xa tivestes explicacións
de como ser persoas organizadas.
Tamén vistes ideas de contidos
para incluír nos vosos textos instrutivos.
Agora é hora de montar e construír.
Recomendamos a ferramenta DRAW.
Se preferides facelo de forma tradicional
en papel, cartolina, entre outros, tamén podedes.
Non esquezades revisar ben os documentos.
Estes esquemas vanvos axudar.
Diversidade Lingüística - Escribimos en galego normativo?
Pode ser que vivades nunha zona
onde se fale con variantes dialectais.
Asegurádevos de usar palabras
que sexan normativas.
Lembra que podedes dicilas,
pero non escribilas.
Acentuación - Acentuamos ben todas as palabras?
Substantivos - Repetimos moitas palabras?
Conectores - Enlazastes ben as frases dos vosos textos?
Xa vistes este esquema en fases anteriores.
Revisádeo para mellorar os vosos textos.
O proceso de revisión terá que irse facendo ao longo desta fase.
Ten sempre a man estes esquemas.
A construír!








