Lembramos as categorías gramaticais
Para poder escribir bos textos instrutivos é importante coñecer os distintos tipos de palabras e a súa función nunha oración. De seguro che van soar porque xa as viches no curso pasado. Tenas ben presentes! Ao longo desta fase pode ser que atopes algunha outra actividade sobre elas.
Imos repasalas.
Substantivo
Dá nome ás persoas, animais, lugares ou cousas.

O cabalo marrón e grande corría moito.
Determinante
Ofrece información do nome como o xénero ou o número.

O cabalo marrón e grande corría moito.
Adxectivo
Acompaña ao substantivo e encárgase de explicarnos cousas sobre el, faino único ou diferente doutros.

O cabalo marrón e grande corría moito.
Pronome
Substitúe ao substantivo para evitar que se repita innecesariamente.

O cabalo marrón e grande corría moito. Estaba canso, pero el sabía que ao oír "Arre!" debía correr.
Verbo
Expresa accións ou estados nun tempo determinado.

O cabalo marrón e grande corría moito.
Preposición
Cumpre a función de nexo ou enlace, pero só entre palabras.

O cabalo marrón e grande corría moito. Agás cando estaba canso.
Adverbio
Expresa tempo, modo, lugar, cantidade, afirmación...

O cabalo marrón e grande corría moito.
Conxunción
Funciona como nexo, que pode unir tanto palabras como oracións completas.

Estaba canso pero el sabía que ao oír "Arre!" debía correr.
Interxección
Expresa con palabras os sentimentos da persoa que fala.

Estaba canso pero el sabía que ao oír "Arre!" debía correr.
Lectura facilitada
Para poder escribir ben debes coñecer os tipos de palabras.
Debes coñecer a función das palabras nunha oración.
Vanche soar porque xa as viches no curso pasado.
Ao longo desta fase atoparás algunha actividade sobre elas.
Imos repasar os tipos de palabras no cadro principal.
