Saltar navegación

3.3. Manual de creación de palabras

 

Glosario

Ditongo

Un boneco cun bocadillo no cal dentro hai un ditongo

Definición:

Dúas vogais que van xuntas nunha mesma sílaba.

Exemplo:

Exemplos de palabras con ditongo: moito, liorta, ademais, nais, outeiro...

Lexema

Pictograma que representa un lexema

Definición:

Parte da palabra que non varía.

Exemplo:

Nas palabras mariño, mariñeiro, ultramariño a parte que nunca cambia o lexema sería mar. As outras partes (-iño, -iñeiro, ultra-) son os morfemas.

Morfema

Pictograma de cambio que representa os cambios nas palabras

Definición:

Parte da palabra que cambia.

Exemplo:

Nas palabras mariño, mariñeiro, ultramariño a parte que nunca cambia o lexema sería mar. As outras partes (-iño, -iñeiro, ultra-) son os morfemas.

Prefixo

Circulo e cadrado e símbolo de distinto para dar a entender o concepto de diversidade

Definición:

Parte la palabra que varía que se pon diante do lexema.

Exemplo:

Exemplos de prefixos serían ex- (exalumno, excandidato), sub- (submariño, subóptimo) ou anti- (antimateria, antipersoa), entre outros.

Sílaba

Pictograma que representa as sílabas

Definición:

Cada un dos golpes de voz cando se producen ao pronunciar unha palabra. Cada sílaba ten como mínimo unha vogal.

Exemplo:

A palabra "anaco" estaría formada por tres sílabas: a - na - co.

Palabras, un manual para entendelas


expresiónsXa vimos con anterioridade outros textos instrutivos, como poden ser as guías turísticas. Nesta ocasión veremos unha pequena guía de construción para, paso a paso, ir formando o que son as palabras, tendo en conta as súas partes máis pequenas e algunhas das súas particularidades.

Dito o cal, imos arremangarnos e meternos en materia.

Lectura facilitada

Vimos antes outros manuais: as guías turísticas. 

Agora veremos outro manual.

Explica como crear palabras

coñecendo as súas partes máis pequenas.

Construíndo palabras

Toda palabra, da igual que sexa un substantivo, adxectivo ou verbo, está composta por diferentes partes máis pequenas.

Nesta ocasión imos centrarnos en como dividir unha palabra en sílabas, tendo moito coidado cos ditongos, e entender que son os prefixos.

Para isto imos mergullarnos na construción cun pequeno manual que nos deixará as ideas un pouquiño máis claras. Así que collede as vosas ferramentas, preparade un pouco de cemento e vexamos como podemos montar unha palabra desde cero.

Manual de creación de palabras

Lectura facilitada

Todas as palabras están formadas por partes máis pequenas.

Estudamos como separar unha palabra en sílabas.

Identificamos os ditongos.

Entendemos os prefixos.

Este manual axúdanos a entender estas cousas. 

Vexamos como se monta unha palabra desde o comezo.

COMO CREAR UNHA PALABRA.

Este é un pequeno manual.

Vainos ensinar como podemos montar unha palabra.

Precisamos unha serie de elementos.

Listaxe de materiais:

  • 1 raíz para os cimentos.
  • 1 lexema para que teña significado.
  • Unha presada de morfemas dos seguintes tipos:
    • Prefixos.
    • Sufixos.

Comezando polo básico: a raíz.

A raíz  é o mínimo que ten significado dunha palabra.

Nunca cambia por máis adorno que lle poñamos.

Exemplo: casa, caserío, caserón, casiña, caseta, casetiña.

O que fixemos é a familia léxica de casa.

Todas esas palabras teñen cas-.

Cas- é a raíz da palabra casa. 

Tamén é a raíz das palabras da súa familia léxica.

Cas- por si só non ten sentido.

Precisa algo máis.

Por exemplo, unha -a.

Agora xa entendemos a palabra casa.

Casa é un lexema: conxunto mínimo con significado.

Os morfemas son fragmentos que varían a palabra.

Exemplo: pan.

Ímoslle engadir morfemas a pan.

Em- pan - ada.

O morfema em- que engadimos diante é un prefixo.

O morfema -ada que engadimos ao final é un sufixo.

Outro exemplo: mar.

Comprobamos a raíz: mar.

Comprobamos se é só raíz ou tamén lexema: mar.

Engadimos prefixos e sufixos: ultra- mar -ino.

Unimos todos ben.

Temos a nosa palabra: ultramarino.

Aprendemos máis sobre as palabras

Imos aprender un pouco máis sobre as palabras.

 Construír

PEQUENA GUÍA

COÑECENDO AS PALABRAS

Que é unha sílaba
Ditongos
q
Expediente nh

Lectura facilitada

Imos aprender máis sobre as palabras.

PEQUENA GUÍA.

COÑECENDO AS PALABRAS.

Que é iso das sílabas?

A sílaba é cada un dos golpes de voz

que damos cando pronunciamos unha palabra.

Todas as sílabas teñen como mínimo unha vogal.

Podemos clasificalas en:

  • Monosílabas se teñen unha soa sílaba. 
    • Exemplos: fan, dar, ler.
  • Se teñen dúas, bísilabas.
    • Exemplos: moto, eco, vivir.
  • Trisílabas para as palabras con tres.
    • Exemplos: carballo, ordenar, estudar.
  • Con catro ou máis polisílabas.
    • Exemplos: motocultor, esperpento, democrático.

PREFIXOS

Sílabas con significados propios.

Os prefixos sitúanse sempre diante dunha palabra. 

Estes prefixos teñen significado propio.

Por exemplo, un compañeiro que se foi do cole.

É un excompañeiro.

"Ex" é un prefixo que indica que algo que era xa non o é.

Pero hai moitos máis exemplos.

  • a-, an-: que non ten. Amorfo, arritmia.
  • ante-: anterior a. Antonte, antepasado.
  • bi-: dous. Bicolor, bicicleta.
  • de-: negación ou desfacer. Desvestir.
  • i-, in-: negación. Inmortal, improbable.
  • quilo-: mil veces. Quilómetro, quilogramo.
  • mini-: pequeno. Minibus, minisaia.
  • pre-: antes de. Prefixo, prehistoria.
  • sub-: por baixo. Submariño, subterráneo.
  • super-: superior. Supermercado, superheroe.
  • tele-: distancia. Televisión, telepatía.
  • tri-: tres. Tridente, triciclo.

COIDADO COS DITONGOS

Ditongo: letras emparelladas. 

Cando dúas vogais van xuntas.

Os ditongos fórmanse cando dúas vogais,

unha forte e outra feble ou dúas febles,

van xuntas nunha mesma sílaba.

As vogais fortes son as letras a, e, o.

As vogais fortes son as máis redondiñas.

As vogais febles son as letras i, u.

As vogais febles teñen piquiños cara arriba.

Exemplos de ditongo: camión, arteiro ou choiva.

Se a palabra leva til, será na vogal forte.

Se a vogal feble leva til, non será un ditongo.

Dúas vogais fortes nunca forman un ditongo.

O DÍGRAFO NH.

NH é unha parella de letras moi usadas en galego.

Cando van xuntas producen un son particular.

Chámaselle dígrafo.

Como dividimos unha palabra con nh en sílabas?

Como separarías a palabra algunha?

A resposta correcta é algu - nha.



Queres saber a resposta á pregunta do expediente nh??

A resposta correcta é:

  • Algu - nha.

Descarga aquí todos os textos

Preme en cada imaxe para descargar o arquivo

Que é unha sílaba?
Tipos de palabras
Coidado cos ditongos
Prefixos
Dígrafo nh

A intención dos textos

Diferenza entre textos literarios e informativos.

Textos literarios

Os textos literarios contan historias que fan voar a túa imaxinación. Xa sexan contos de fadas, poesías ou romances.  


 

Textos informativos
 

Por outro lado, os textos informativos axúdanche a aprender e a entender o mundo que che rodea. Podes atopalos en revistas, xornais e libros. Neles atoparás información e feitos que che ensinarán cousas novas sobre ciencia, historia ou tecnoloxía.

Os dous son importantes: os literarios fanche soñar e gozar da lectura. Os informativos axúdanche a aprender e a medrar.

Lectura facilitada

Diferenza Entre Textos Literarios e Informativos

Os textos literarios contan historias.

Fan voar a túa imaxinación.

Poden ser contos de fadas, poesías ou romances.  

Os textos informativos axúdanche a aprender.

Os textos informativos axúdanche a entender o mundo.

Podes atopalos en revistas, xornais e libros informativos.

Nos textos informativos aprenderás sobre ciencia.

Nos textos informativos podes aprender sobre historia.

Nos textos informativos podes aprender doutras moitas cousas.

Os dous tipos de texto son importantes.

Os literarios fanche soñar e gozar da lectura. 

Os informativos axúdanche a aprender e a medrar.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)