Saltar navegación

Presentacións TOP!

Produto final

Chegados a este punto, tedes que dar a coñecer o produto realizado co voso equipo. A vosa presentación deberá:

 Seguir estas normas:

  • Duración: 5 minutos.
  • Idioma da presentación: en galego.
  • Gardar para o final un tempo de debate e preguntas do resto de persoas da aula (5 minutos).

Debemos dar resposta ás seguintes cuestións:

  • Quen somos.
  • Reto que imos explicar.
  • Ensinar o texto instrutivo que fixemos.
  • Comentar algún aspecto teórico sobre o texto instrutivo que escollemos.
  • Comentar se cremos que o noso texto soluciona o problema.
  • Explicar como e con que ferramentas e materiais o fixemos.
  • Comentar algunhas, polo menos dúas, dificultades que nos atopamos e como as solucionamos.
  • Indicar polo menos dúas cousas que aprendemos.

Estas son algunhas opcións para realizar a vosa presentación.

PRESENTACIÓN DIXITAL

A nosa recomendación é que realicedes unha presentación no LibreOffice Impress empregando tamén os documentos realizados en LibreOffice Draw. Pero se preferides facelo dalgunha outra forma, adiante! O único que debedes respectar son os contidos que se vos piden.

Pictograma dunha presentación

CARTEL EXPLICATIVO OU MURAL

Pódese empregar este formato elaborando un mural coas achegas impresas ou manuais e documentos cos que elaborastes o voso texto instrutivo.

Pictograma dunha man pegando nunha folla

MIXTO coa dixitalización dalgunha parte do voso documento instrutivo

Pódese empregar un mural que conteña un código QR que recoñeza unha aplicación para poder ver o traballo en dixital ou ben que leve a un vídeo, audio ou imaxes. 

Pictograma de ler código QR

VÍDEO explicativo de todo o proceso

Aquí necesitaredes primeiro facer un guión por escrito de como o queredes contar. Podedes facer un "storyboard". Logo, xa se podería gravar e montar para proxectar.

É das opcións máis complicadas, pero podedes gravar cos vosos portátiles e montar na aplicación Kdenlive, que atoparedes en Aplicativos > Son e Vídeo > Kdenlive.

Pictograma dunha rapaza gravando un vídeo

Lectura facilitada

Tedes que dar a coñecer o produto realizado co voso equipo.

A vosa presentación deberá:

 Seguir estas normas:

  • Duración, 5 minutos.
  • Idioma da presentación: en galego.
  • Gardar para o final un tempo de debate.
  • Preguntas do resto de persoas da aula (5 minutos).

Debemos dar resposta ás seguintes cuestións

  • Quen somos.
  • Reto que imos explicar.
  • Ensinar a texto instrutivo que fixemos.
  • Comentar algún aspecto teórico sobre o texto instrutivo
  • Comentar se cremos que o noso texto soluciona o problema.
  • Explicar como e con que ferramentas e materiais o fixemos.
  • Comentar dúas dificultades que nos atopamos
  • Dicir como solucionamos as dúas dificultades.
  • Indicar dúas cousas que aprendemos.

Estas son algunhas opcións para realizar a vosa presentación.

Usamos o LibreOffice Impress

Ao longo do documento xa vimos algún que outro vídeo sobre a aplicación LibreOffice Impress. É hora de poñer en práctica todos eses coñecementos para elaborar a presentación do traballo. Tedes o vídeo máis abaixo, por se precisades velo de novo.

Como xa se explicou, o obxectivo é explicar ao resto de persoas da aula o que se fixo e dar resposta a todas as cuestións que se indicaron no apartado anterior.

Lectura facilitada

Xa vistes un vídeo

sobre a aplicación LibreOffice Impress.

É hora de poñer en práctica

todos eses coñecementos.

Elaborade a  presentación do traballo.

Tedes o vídeo máis abaixo

por se precisades velo de novo.

O obxectivo é explicar

ao resto de persoas da aula

o que se fixo.

Dade resposta a todas as cuestións

que se indicaron no apartado anterior.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)