O reto
Xa vimos que hai moitas cousas que mudar na escola ou incluso na nosa aula.
É preciso mellorar algúns deses aspectos que non funcionan correctamente. Cando sabemos como funcionan as cousas as persoas sentímonos máis seguras. Imos axudar a toda a comunidade educativa detectando cousas que non funcionan como deberían e propoñendo solucións ben organizadas.
Lembra que os textos, para que cumpran a súa función, teñen que estar ben escritos e ser fáciles de entender. Ser organizadas no proceso vainos axudar a conseguilo. Anímaste?
Lectura facilitada
Hai moitas cousas que mudar na escola e na aula.
É preciso mellorar algúns deses aspectos.
Cando sabemos como funcionan as cousas sentímonos máis seguras.
Imos axudar a toda a comunidade educativa.
Imos detectar cousas que non funcionan como deberían.
Propoñeremos solucións organizadas.
Os textos teñen que estar ben escritos e ser fáciles de entender.
Ser organizadas no proceso vainos axudar a conseguilo.
Anímate.



