Toca reflexionar! Na Fase 1 desta aventura vimos os posibles retos aos que poderiades enfrontarvos. Escolle o que máis che guste e xustifica brevemente porque o fixeches.
Podes facelo do seguinte xeito:
Pensa no reto que che gusta.
Busca argumentos para defender a elección dese reto.
Prepara unha bonita exposición de non máis dun minuto e medio.
Defende a túa proposta.
Todas e todos puntuaredes as propostas das outras compañeiras e dos outros compañeiros do voso grupo coa axuda dunha folla de avaliación.
Poredes en común todas as puntuacións e a máis votada será o reto que teredes que facer.
A continuación atoparás un formulario que che vai axudar a tomar unha decisión.
Busca motivos convincentes e procura ser orixinal e creativo ou creativa.
Precisas axuda coa presentación?
Este vídeo axudarache a dar os primeiros pasos co editor de presentación de Libre Office, a ferramenta chámase Impress. Imos alá! Tamén aprenderás porque é importante atribuír os dereitos das imaxes que usamos e como facelo.
Manexar o Libre Office Impress
Facer a atribución das imaxes que usamos
Atribuír quere dicir dar crédito á persoa que é dona da imaxe. É importante porque mostra respecto polo traballo das persoas autoras. Se non damos crédito, poderíamos estar a facer algo que non é legal. Ademais é moi fácil!
Se usas pictogramas de Arasaac só tes que poñer ao final da túa presentación:
Os símbolos pictográficos utilizados son propiedade do Goberno de Aragón e foron creados por Sergio Palao para ARASAAC (http://www.arasaac.org), que os distribúe baixo Licenza Creative Commons BY-NC-SA.
Lectura facilitada
Vídeo para aprender os primeiros pasos co editor
de presentacións do LibreOffice Impress.
Aprenderás tamén a importancia de atribuír os dereitos
das imaxes que usamos e como facelo.
Manexar o Libre Office Impress
Facer a atribución das imaxes que usamos
Atribuír significa dar crédito á persoa que é dona da imaxe.
É importante por respecto ao traballo das persoas autoras
e para evitar problemas legais.
Se usas pictogramas de Arasaac,
só precisas colocar no final da túa presentación:
"Os símbolos pictográficos utilizados son propiedade do Goberno
de Aragón e foron creados por Sergio Palao para ARASAAC
(http://www.arasaac.org), distribuídos baixo Licenza Creative Commons BY-NC-SA."
Traballamos en grupo
Lembrade que a partir de agora ides traballar en grupo e iso implica que cada persoa debería ter un rol para o traballo. Pode ser que unha persoa teña que buscar imaxes, outra información, outra escribir o texto de cada parte, outra deseñar o formato e decorar e outra supervisar e anotar a evolución do proceso.
Persoa buscadora de imaxes e información: hai multitude de páxinas web con información (Wikipedia), pictogramas gratuítos (Arasaac).
Persoa redactora de texto: podes empregar a folla de recollida de contidos ou o teu portátil e LibreOffice Writer para elaborar os textos.
Persoa deseñadora do formato e presentación: podes deseñar empregando LibreOffice Draw con texto, imaxes, etc.
Persoa organizadora e apuntadorarexistrando o traballo. Podes ir rexistrando as actuacións e melloras nun caderno.
Estas son algunhas das ideas para que o traballo en equipo funcione e se poida chegar a un resultado. Ollo, que unha persoa sexa a encargada dunha parte non quere dicir que teña que facelo soa. Precisará axuda de todo o grupo para tomar decisións, ter ideas, facer correccións...
Esta é a nosa proposta de organización, pero se tedes outra, adiante!
Lectura facilitada
O traballo en grupo require
papeis específicos para cada persoa.
- Investigador ou investigadora, busca imaxes e información