Comezamos! Xa tes claro o que é un texto instrutivo e de seguro os retos agora teñen moito máis sentido para ti. Ademais xa es unha persoa experta en algunhas cuestións ortográficas e gramaticais. Chegou o momento de escoller e crear!Lectura facilitadaXa sabes que é un texto de instrucións. Os retos agora xa deben ter máis sentido para ti. Aprendiches moito sobre ortografía e gramática. Agora tócache escoller e crear!Pechar
Lectura facilitadaXa sabes que é un texto de instrucións. Os retos agora xa deben ter máis sentido para ti. Aprendiches moito sobre ortografía e gramática. Agora tócache escoller e crear!Pechar
Exemplos de textos instrutivos Receita dos bloques dialectais Manual canles de comunicación Guía dos bloques dialectais Manual de creación de palabras. Prospecto de actuación.
Non esquezas Que precisas para facer o texto instrutivo?: Coñecer a estrutura do texto que vas facer. Informarte e buscar os datos que precisas para solucionar o reto. Redactar os textos que precises. Lembra fixarte na acentuación e nas palabras que utilizas. Montar o voso texto co deseño escollido e as ferramentas que consideredes. Preparar a exposición do tema para compartilo cos resto de compañeiras e compañeiros. Non te preocupes, nas seguintes fases obterás información e axuda de como proceder.Lectura facilitadaAquí verás que precisas para o traballo. Coñecer a estrutura do texto. Buscar datos para o texto. Escribir os textos que necesites. Prestar atención á acentuación e ao vocabulario. Montar o texto co deseño que escolliches. Usar as ferramentas que escolliches. Preparar a exposición para compartir co resto de alumnado da aula. Non te preocupes, terás axuda nas próximas etapas.Pechar
Lectura facilitadaAquí verás que precisas para o traballo. Coñecer a estrutura do texto. Buscar datos para o texto. Escribir os textos que necesites. Prestar atención á acentuación e ao vocabulario. Montar o texto co deseño que escolliches. Usar as ferramentas que escolliches. Preparar a exposición para compartir co resto de alumnado da aula. Non te preocupes, terás axuda nas próximas etapas.Pechar