Unha paradiña antes de comezar
Como ves, o noso cole é unha tolemia! Hai moitas cousas que se poden mellorar. Se traballamos todas as persoas xuntas podemos conseguilo.
De seguro tes dúbidas sobre o que estamos a ver. Vas recibir máis explicacións.
Como ves, o noso cole é unha tolemia! Hai moitas cousas que se poden mellorar. Se traballamos todas as persoas xuntas podemos conseguilo.
De seguro tes dúbidas sobre o que estamos a ver. Vas recibir máis explicacións.

Está moi de moda a cultura de “Faino ti mesmo” ou a de montalo ti mesmo. Seguro que tes visto tendas de montaxe de mobles no que un papel nos guía paso a paso para saber como facelo. Os textos instrutivos teñen a peculiaridade de indicar os pasos a seguir para realizar algún tipo de cometido. O seu obxectivo principal é que a persoa que os lea comprenda os pasos a seguir para realizar a acción para a que foron creados.
Para realizar un texto instrutivo correctamente debemos ter en conta certas características.
Verbos de acción: palabras que nos indican movemento pero en imperativo como mestura, corta, pega, enrosca...
Secuencia lóxica: as instrucións deberían estar organizadas nunha orde lóxica para que nos leven ao obxectivo.
Non é obrigatorio, pero ás veces a inclusión de imaxes ou gráficos axudan a entender mellor os pasos a seguir.
Incluímos os materiais ou cousas que se poden precisar.
E por suposto..., escribímolos en galego!
Está moi de moda a cultura de “Faino ti mesmo ou mesma”.
Está de moda a cultura de montalo ti mesmo ou mesma.
Seguro que tes visto tendas de montaxe de mobles.
Un papel guía paso a paso para saber como montar o moble.
Os textos instrutivos indican pasos a seguir.
Se os segues serás quen de facer o cometido.
O seu obxectivo principal é que a persoa que os lea
comprenda os pasos a seguir para realizar unha cousa.
Para realizar un texto instrutivo correctamente
debemos ter en conta certas características.
Verbos de acción: palabras que nos indican movemento pero
en imperativo como mestura, corta, pega, enrosca...
Secuencia lóxica: as instrucións deberían estar organizadas.
Teñen que estar nunha orde lóxica para que nos leven ao obxectivo.
Ás veces levan imaxes ou gráficos que axudan a entender mellor.
Incluímos os materiais ou cousas que se poden precisar.
Escribímolos en galego!
O galego é unha lingua que se fala en Galicia. Hai uns 2,4 millóns de persoas que a falan.
É unha lingua románica, é dicir, descende do latín que falaba a poboación romana. No pasado, as persoas galegas e as portuguesas falabamos de maneira parecida porque a orixe das nosas linguas é a mesma.
A Real Academia Galega axuda a establecer as normas da nosa lingua para que todas as persoas falemos do mesmo xeito.
Sabías que aínda falando a mesma lingua non todas as persoas falamos igual? Sorprendente! A que si?
Poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central e oriental.
O galego é unha lingua que se fala en Galicia.
Hai unhas 2,4 millóns de persoas que a falan.
É unha lingua románica que descende do latín que falaba a poboación romana.
No pasado, as persoas galegas e as portuguesas falabamos de maneira parecida.
A orixe das nosas linguas é a mesma.
A Real Academia Galega axuda a establecer as normas da nosa lingua para que todas as persoas a falemos do mesmo xeito.
Tendo a mesma lingua non todas as persoas falamos igual.
Sorprendente! A que si?
Poden delimitarse tres grandes áreas ou bloques: occidental, central e oriental.
As instrucións son básicas para moitas tarefas diarias e converten en fáciles actividades que son complexas. Seguir as indicacións paso a paso ou os debuxos que as acompañen, no caso de telos, é algo moi útil.
Algúns exemplos serían: receitas de cociña, instrucións para a montaxe dun moble…
Imos ver distintas formas de presentar unha receita.
Ou vir recompiladas nun libro de receitas.

🎁 INGREDIENTES para 10 racións (molde con forma de 👑 coroa de 24 cm ou molde desmontable normal de 20 - 22 cm):
🥚 8 ovos M.
🍭160 g de azucre.
🧈 80 g de manteiga.
🍪 170 g fariña repostería.
🥄 16 g po para levedar = 170 g de fariña para levedar.
🔹🍋 Raspadura dun limón.
As instruccións son indicacións paso a paso.
Axúdannos a entender como funciona ou como se fai algo.
Hai diferentes tipos de instrucións, tamén chamados "textos instrutivos".
Aquí tes varios exemplos.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0