Agora ti!
Le e busca os substantivos do texto
Aquela mañá, Xián ergueuse da cama para preparar un marabilloso almorzo. Non eran máis das sete, pero pola fiestra xa se podían ver os enxames arredor das 4 colmeas e o can, Bobi, estaba correndo coma un foguete mentres seu pai recollía o azucre que lle caera na mesa. A felicidade e a dozura recorreron o seu corpo ao ver esa imaxe, espreguizouse e colleu a bola de onte para facer dúas torradas con mel. Naquel momento non podía imaxinar todas as catástrofes que lle ían ocorrer na semana máis importante da súa vida. Despois de rematar o almorzo, pensou que o mellor sería coller a bicicleta e pasar pola casa da súa compañeira Sarela e ir os dous xuntos á escola. Faltaban só cen metros e xa a viu agardando na porta, a súa cara mostraba unha tristeza inmensa pero, rápido cambiou...
Continuamos coas receitas do substantivo
Acabas de ver como se clasifican os substantivos, que, como a acentuación, vaiche permitir mellorar a túa expresión e comprensión de todos os tipos de comunicacións.
A continuación, escolle unha das tres actividades: A, B ou C.
Opción A. A busca do substantivo
Identifica os substantivos que se atopan nas seguintes oracións.
Unha vez identificados, vas clasificar os substantivos da seguinte maneira:
Peixe: substantivo común, concreto, contable e individual.
Opción B: Clasifica os seguintes substantivos
Clasifica os seguintes substantivos seguindo o exemplo.
Xirasol, formigueiro, fariña, ledicia, Pontevedra e bóla.
Pantalón: substantivo común, concreto, contable e individual.
Opción C: Completa a clasificación dos seguintes substantivos
Le a clasificación e busca o substantivo que corresponda.
- Substantivo común, concreto e incontable. @@mel@@
- Substantivo propio. @@Padrón@@
- Substantivo común e abstracto. @@dozura@@
- Substantivo común, concreto, contable e colectivo. @@niñada@@
- Substantivo común, concreto, contable e individual. @@caderno@@
- Substantivo común e abstracto. @@temor@@
- Substantivo común, concreto e incontable. @@auga@@
Busca o substantivo colectivo
Le as frases e busca o substantivo colectivo que corresponde coa definición.
- Conxunto de crias de animais, especialmente das aves. @@niñada@@
- Conxunto de velas dunha embarcación. @@velame@@
- Conxunto de animais da mesma especia que se desprazan xuntos. @@manda@@
- Conxunto de ranchos que nacen ao mesmo tempo. @@ranchada@@
- Conxunto de paxaros que pertencen á mesma especie e voan xuntos. @@bandado@@
- Conxunto de músicos que se unen para tocar. @@orquestra@@
- Conxunto de cebolas ou allos. @@restra@@
- Conxunto de illas próximas. @@arquipélago@@
- Conxunto de barcos. @@frota@@
- Conxunto de montañas que forman unha unidade. @@cordilleira@@
Actividade despregable. Conto popular galego
Le, escoita e completa este conto con substantivos comúns. Lembra que podes utilizar o dicionario da Real Academia Galega.
Como ves, hai dúas opcións: podes escoitalo en galego normativo ou, agora que xa coñeces as nosas variedades dialectais, podes escoitar a súa versión orixinal.
Completa correctamente
Completa os ocos fixándote ben se a palabra precisa letra maiúscula.
- @@Onte|onte@@ pola tarde fun á casa da miña @@avoa|Avoa@@ e atopei ao meu @@curmán|Curmán@@ @@Aldán|aldán@@
- @@Imos|imos@@ ir de visita a @@Allariz|allariz@@.
- @@O|o@@ río @@Mandeo|mandeo@@ pasa pola @@vila|Vila@@ de @@Betanzos|betanzos@@.
- @@Temos|temos@@ que facer o @@traballo|Traballo@@ para o @@luns|Luns@@.
- @@En|en@@ @@Galicia|galicia@@ hai máis de oitocentas @@praias|Praias@@.
- @@Os|os@@ meus @@xogos|Xogos@@ favoritos son sempre en @@equipo|Equipo@@.
Un último repaso
Le as frases e completa coas palabras que faltan.
- Os substantivos @@comúns@@ son aqueles que nomean un obxecto, ser, idea sen diferencialo doutro da mesma clase.
- Todos os substantivos @@propios@@ comezan con maiúsculas e permiten diferenciar unha persoa doutra.
- Os sentimentos, ideas ou pensamentos son substantivos @@abstractos@@
- Cando un substantivo o podemos percibir cos 5 sentidos, dicimos que é @@concreto@@.
- Se podemos enumerar ou contar os substantivos, dicimos que son @@contables@@, se non podemos, son substantivos @@incontables@@.
- Os substantivos @@colectivos@@ indican, en singular, un conxunto de seres ou obxectos. Pero, se só designan a un ser ou obxecto, son @@individuais@@.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0
