Saltar navegación

Reto 3. Guía e mapa da escola

Imos crear a guía da nosa escola

Empezamos a traballar na guía para percorrer a vosa escola polos puntos máis importantes. A intención é dar a coñecer as virtudes do centro e coñecelo mellor. Tanto para novo alumnado do centro como para posibles visitas.

Traballando na guía de viaxe

Lectura facilitada

Ides a traballar na guía

para percorrer a vosa escola.

A intención é dar a coñecer

as virtudes do centro e coñecelo mellor.

Tanto para novo alumnado do centro

como para posibles visitas.

Poñemos o título da guía e inserimos algunha foto

Agora que xa tedes o reto escollido e os contidos comezade por poñerlle un título rechamante. 

Pódese empezar a crear o título seguindo este titorial:

Escollede un título que axude rapidamente a recoñecer o tipo de guía. Logo buscade unha posible foto da escola ou facédea co voso portátil.

Inseride despois do título a foto e escollede o seu lugar no documento. O título pódese realizar no LibreOffice Draw empregando as letras tipo "banner" chamadas "Fontwork". Atoparedes a opción no despregable de inserir.

A continuación, veredes un exemplo de onde podedes engadir o voso título:

1. Como poño o título?

Se decidides realizar a guía co voso portátil podedes usar a aplicación LibreOffice Draw. Poderedes incluír un título cun formato predefinido do Draw. A ruta nos despregables é a seguinte: INSERIR > Fontwork.

Imaxe DRAW título

O voso deseño

Escribide o voso título como se observa na imaxe.

Imaxe título 2

Inserimos a foto no documento

No documento de LibreOffice Draw inseride a foto do voso centro, ben a atopada na web ou ben a feita co voso portátil. 

Inserir foto no documentoPremede na icona da foto ou no despregable INSERIR > IMAXE > ruta no ordenador da foto. 

Buscade a foto e seleccionádea para poder introducila dentro do documento. Escollede o tamaño e a disposición da imaxe no documento. 

Como poño o título?

Se decidides realizar a vosa guía nun formato físico, nunha cartolina ou papel, seguide o mesmo esquema proposto:

Pictograma escribir o título 

Lectura facilitada

Agora que xa tedes o reto escollido e os contidos.

Comezade por poñerlle un título rechamante. 

Nesta primeira fase tedes que indicar

o máis importante.

O título pódese empezar a crear

seguindo este titorial:

Escollede un título

que axude rapidamente

a recoñecer o tipo de guía. 

Logo buscade unha posible foto da escola.

Tamén podedes facela co voso portátil.

Inseride despois do título a foto.

Escollede o seu lugar. 

O título pódese realizar no LibreOffice Draw.

Podedes empregar as letras tipo "banner"

chamadas "Fontwork" no despregable de inserir.

1. Como poño o título?

Se decidides realizar a guía co voso portátil

podedes usar a aplicación LibreOffice Draw.

Poderedes incluír un título cun formato predefinido do Draw.

A ruta nos despregables é a seguinte: INSERIR > Fontwork.

Imaxe DRAW título

O voso deseño

Se queredes podedes deseñar

o voso título na aplicación Draw ao voso gusto.

Escribide o texto desexado.

Imaxe título 2

Inserimos a foto no documento

No documento aberto de LibreOffice Draw

inseride a foto do voso centro,

ben a atopada na web

ou ben a feita co voso portátil. 

Inserir foto no documentoPremedes na icona da foto

ou no despregable

INSERIR > IMAXE > ruta no ordenador da foto. 

Buscade a foto e seleccionádea

para poder introducila

dentro do documento.

Escollede o tamaño.

Escollede a posición da imaxe no documento. 

Como poño o título?

Se decidides realizar a vosa guía

nun formato físico, nunha cartolina ou papel,

seguide o mesmo esquema proposto:

Pictograma escribir o título 

Descrición e mapa

Primeiro debemos chegar ao acordo dunha descrición da escola enumerando as cousas e partes positivas do destino a onde imos ir. 

Completade cada persoa do grupo esta listaxe de cousas positivas para engadir na descrición breve do lugar. Comparade os resultados das listaxes e escollede as mellores para crear a descrición.  

Cousas positivas da escola Cousas negativas da escola Lugares a destacar da escola

Lectura facilitada

Primeiro debemos chegar ao acordo

dunha descrición da escola.

Para iso imos enumerar as cousas

e partes positivas do destino nunha listaxe. 

Completade cada persoa do grupo

esta listaxe de cousas positivas.

Comparade os resultados das listaxes

e escollede as mellores para crear a descrición. 

Finalmente, facedes unha descrición breve do lugar.

Cousas positivas da escola Cousas negativas da escola Lugares a destacar da escola

Lembra que só hai que mencionar as cousas positivas para destacar o lugar que se visita.

Fíxate no modelo de exemplo.

LISTAXE DE COUSAS POSITIVAS

As listaxes fanse para descubrir distintas ideas e contrastalas coas partes negativas para tomar unha decisión. 

Descrición da escola listaxe

DESCRICIÓN DA ESCOLA EN POSITIVO

Despois de anotar as cousas máis destacables e positivas podedes empezar polo lugar exacto mencionando a localización. Unha recomendación é que comecedes do máis xenérico (a escola) ao máis concreto (salón de actos, biblioteca, entre outros).

Descrición da escola polos lugares

CREACIÓN DUN MAPA DA ESCOLA

Podedes seguir estes pasos para poder realizar un mapa no voso portátil.

Descrición do mapa da escola

Lectura facilitada

Lembra que hai que mencionar

as cousas positivas para destacar o destino. 

Segue as indicacións deste modelo.

Fíxate no modelo de exemplo.

LISTAXE DE COUSAS POSITIVAS

As listaxes fanse para descubrir

distintas ideas

e contrastalas coas partes negativas

para tomar unha decisión. 

Descrición da escola listaxe

DESCRICIÓN DA ESCOLA EN POSITIVO

Despois de anotar as cousas máis destacables e positivas

podedes empezar polo lugar exacto mencionando a localización.

Unha recomendación é que comecedes do máis xenérico (a escola)

ao máis concreto (salón de actos, biblioteca, entre outros).

Descrición da escola polos lugares

CREACIÓN DUN MAPA DA ESCOLA

Podedes seguir estes pasos

para poder realizar un mapa no voso portátil.

Descrición do mapa da escola

Lembrade que só hai que mencionar as cousas positivas para destacar o lugar que se visita. Título e presentación

Logo debedes elaborar unha redacción para cada zona. Debedes ser persoas concisas pero dar a información máis interesante e necesaria.

Se queredes, podedes utilizar textos parecidos aos que seguen.

LUGAR, POSICIÓN NO MAPA ENSINANZA, EXTERIORES, INTERIORES, ZONAS COMÚNS ACTIVIDADES / SAÍDAS

A nosa escola atópase, está, sita

O centro posúe, ten___  O colexio fai distintas actividades___ e saídas como ___

Podedes descargar este exemplo e cubrilo. Lembrade gardalo ao remate. Consultade coa mestra ou co mestre o xeito de cubrila.

mapa da escolaPor outro lado, non podedes esquecer unha peza clave como é o mapa da escola. Axudará a situarse e entender a situación ao alumnado novo ou incluso ás persoas visitantes da escola.

Podedes empregar a ferramenta do LibreOffice Draw tamén para deseñar o percorrido da escola. 

Outra idea pode ser usar unha rosa dos ventos no mapa ou plano. Iso indicará cara onde está orientada a escola con respecto aos puntos cardinais.  

Puntos cardinais da rosa dos ventos Plano con puntos cardinais

Se vos é útil, deseñade ou debuxade un mapa coma este no voso proxecto e inseride a rosa dos ventos indicando os puntos cardinais correctos. 

CIDADE, ALDEA, VILA, BARRIO

Buscade nun mapa ou en Google Maps o lugar exacto, PROVINCIA e COMUNIDADE AUTÓNOMA, pódense incluír as COORDENADAS GPS.

PRE-ESCOLAR (0 a 3 anos), INFANTIL, PRIMARIA, SECUNDARIA.

PATIOS DE INFANTIL, PRIMARIA, DINÁMICOS, CAMPOS DEPORTIVOS, AREERIO, XARDÍN, HORTA, GALIÑEIRO entre outros

AULAS DE INFANTIL, PRIMARIA, MÚSICA, LÍNGUA ESTRANXEIRA, XIMNASIO, INFORMÁTICA, STEAM OU POLOS CREATIVOS e moitos máis.

BIBLIOTECA, SALÓN DE ACTOS,  SALA DE MESTRES E MESTRAS, DIRECCIÓN, SECRETARÍA, AULA PT, AULA DE AL, BAÑOS, COMEDOR entre outros.

SAÍDA Á NEVE, SAÍDA FIN DE CURSO, EXCURSIÓNS, VISITAS CULTURAIS, ACTUACIÓNS, PASARRÚAS DE ENTROIDO, CONTACONTOS E ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA.

Lectura facilitada

Lembrade que só hai que mencionar

as cousas positivas para destacar

o lugar que se visita.

Debedes elaborar unha redacción para cada zona.

Procurade ser persoas concisas,

pero dar a información máis interesante e necesaria.

Podedes utilizar textos parecidos aos que seguen.

LUGAR, POSICIÓN NO MAPA ENSINANZA, EXTERIORES, INTERIORES, ZONAS COMÚNS ACTIVIDADES / SAÍDAS

A nosa escola atópase, está, sita

O centro posúe, ten___  O colexio fai distintas actividades___ e saídas como ___

Podedes descargar este exemplo e cubrilo.

Lembrade gardalo ao remate.

Consultade coa mestra ou co mestre

o xeito de cubrila.

Non podedes esquecer unha peza clave

como é o mapa da escola. 

Axudará a situarse e entender

a situación ao alumnado novo ou incluso

ás persoas visitantes da escola.

Podedes empregar a ferramenta do LibreOffice Draw

tamén para deseñar o percorrido da escola.

Outra idea pode ser usar 

unha rosa dos ventos no mapa ou plano.

Iso indicará cara onde está orientada

a escola con respecto aos puntos cardinais.  

Puntos cardinais da rosa dos ventos Plano con puntos cardinais

Se vos é útil, deseñade ou debuxade

un mapa coma este no voso proxecto

e inseride a rosa dos ventos indicando

os puntos cardinais correctos. 

CIDADE, ALDEA, VILA, BARRIO

Busca nun mapa ou en Google Maps o lugar exacto, PROVINCIA e COMUNIDADE AUTÓNOMA, pódense incluír as COORDENADAS GPS.

PRE-ESCOLAR (0 a 3 anos), INFANTIL, PRIMARIA, SECUNDARIA.

PATIOS DE INFANTIL, PRIMARIA, DINÁMICOS, CAMPOS DEPORTIVOS, AREERIO, XARDÍN, HORTA, GALIÑEIRO, entre outros

AULAS DE INFANTIL, PRIMARIA, MÚSICA, LÍNGUA ESTRANXEIRA, XIMNASIO, INFORMÁTICA, STEAM OU POLOS CREATIVOS e moitos máis.

BIBLIOTECA, SALÓN DE ACTOS,  SALA DE MESTRES E MESTRAS, DIRECCIÓN, SECRETARÍA, AULA PT, AULA DE AL, BAÑOS, COMEDOR, entre outros.

SAÍDA A NEVE, SAÍDA FIN DE CURSO, EXCURSIÓNS, VISITAS CULTURAIS, ACTUACIÓNS, PASARRÚAS DE ENTROIDO, CONTACONTOS E ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA.

Necesitas axuda?

Ides poñer todas as partes en pequenas montaxes usando Draw.

Indicaredes peculiaridades do voso centro ou información de interese. 

  • As cuestións estéticas (cambios de letras, tamaños de fonte...) poden ser atopadas dentro do LibreOffice Draw ou Writer e no apartado inserir: imaxe, texto, táboa, Fontwork etc
  • Lembrade que só hai que mencionar aspectos ou cousas positivas para destacar o lugar que se visita.

  • Logo debedes redactar eses aspectos. Procurade ser persoas concisas e claras nas explicacións. 

  • Non esquezades que para buscar imaxes gratuítas para o mapa podedes usar  Arasaac

  • Se precisades outro tipo de información dalgún lugar podedes pescudar na Wikipedia, na páxina web do propio centro ou en Google Maps.

Lectura facilitada

Ides poñer todas as partes en

pequenas montaxes usando Draw.

Indicaredes peculiaridades

do voso centro ou información de interese. 

As cuestións estéticas (cambios de letras, tamaños de fonte...)

poden ser atopadas dentro do LibreOffice Draw ou Writer

e no apartado inserir: imaxe, texto, táboa, Fontwork etc

Lembrade que só hai que mencionar

aspectos ou cousas positivas para destacar

o lugar que se visita.

Logo debedes redactar eses aspectos.

Procurade ser persoas concisas e claras nas explicacións. 

Non esquezades que para buscar imaxes gratuítas

para o mapa podedes usar  Arasaac.

Se precisades outro tipo de información

dalgún lugar podedes pescudar na Wikipedia,

na páxina web do propio centro ou en Google Maps.

Engadimos información na guía

Aquí iredes indicando as distintas partes do contido que podedes engadir na guía da escola. 

PARTES DA ESCOLA

Pensade nas partes importantes da escola que vai necesitar o alumnado novo os primeiros días e as partes xenéricas que pode necesitar calquera persoa visitante.

Pódense organizar por grupos ou por orde de importancia para o alumnado ou para as persoas visitantes.

Facede fotos co portátil aos lugares que queredes destacar, logo podedes poñer un pé de foto e algún texto explicativo da parte da escola. 

Foto da parte da escola escollida Pé de foto debaixo da foto Pequena descrición da zona

Collede o voso portátil para facer algunha foto realista do voso centro e introducídea no documento do LibreOffice Draw.

HORARIOS

Pensade nos horarios máis importantes: recreos, comedor, biblioteca, extraescolares ou lectura. 

Podedes empregar unha táboa inserida no documento para organizar os horarios xerais da escola: 

ENTRADA
RECREO
MERENDA
LECTURA
BIBLIOTECA DA MAÑÁ
COMEDOR
BIBLIOTECA DA TARDE
EXTRAESCOLARES
SAÍDA

EXCURSIÓNS E SAÍDAS ESCOLARES

Aquí podedes poñer algunha viaxe ou saída escolar que soe facer a escola.

  • No deseño podedes describir e engadir fotos simplemente ou incluso máis detalles. 
  • Así podedes comentar non só os motivos das saídas e os cursos, senón tamén a frecuencia e duración que teñen esas saídas. 

Podedes usar unha táboa coma esta.

EVENTO CURSO FRECUENCIA  DURACIÓN
SAÍDA A NEVE 5º / 6º EP 1 por curso escolar 4 días
SAÍDA FIN DE CURSO 
Excursións
Actuación letras galegas
Actividade na biblioteca
...

OUTROS CONTIDOS:

Neste apartado poñeredes os contidos que consideredes importantes para a vosa guía do centro. 

Lectura facilitada

Aquí iredes indicando as distintas partes

do contido que podedes engadir na guía da escola. 

PARTES DA ESCOLA

Pensade nas partes importantes da escola

que vai necesitar o alumnado novo os primeiros días.

Pensade as partes xenéricas

que pode necesitar calquera persoa visitante.

Pódense organizar por grupos

ou por orde de importancia para o alumnado ou persoas visitante.

Facede fotos co portátil aos lugares que queredes destacar.

Logo podedes poñer un pé de foto

e algún texto explicativo da parte da escola. 

Foto da parte da escola escollida Pé de foto debaixo da foto Pequena descrición da zona

Collede o voso portátil para facer algunha foto realista

do voso centro e introducídea

no documento do LibreOffice Draw.

HORARIOS

Pensade nos horarios máis importantes:

recreos, comedor, biblioteca, extraescolares ou lectura. 

Podedes empregar unha táboa inserida no documento

para organizar os horarios xerais da escola: 

ENTRADA
RECREO
MERENDA
LECTURA
BIBLIOTECA DA MAÑÁ
COMEDOR
BIBLIOTECA DA TARDE
EXTRAESCOLARES
SAÍDA

EXCURSIÓNS E SAÍDAS ESCOLARES

Aquí podedes poñer algunha viaxe

ou saída escolar que soe facer a escola.

No deseño podedes describir e engadir

fotos simplemente ou incluso máis detalles. 

Así podedes comentar non só os motivos das saídas

e os cursos, senón tamén a frecuencia

e duración que teñen esas saídas. 

Podedes usar unha táboa coma esta.

EVENTO CURSO FRECUENCIA  DURACIÓN
SAÍDA A NEVE 5º / 6º EP 1 por curso escolar 4 días
SAÍDA FIN DE CURSO 
Excursións
Actuación letras galegas
Actividade na biblioteca
...

OUTROS CONTIDOS:

Neste apartado poñeredes os contidos

que consideredes importantes para a vosa guía do centro. 

Revisión de erros

Lembrade que hai que revisar os textos de cada parte do traballo para limpar erratas e faltas de ortografía. 

Lectura facilitada

Lembrade que hai que revisar

os textos de cada parte do traballo

para limpar erratas e faltas de ortografía. 

Como se avalía o reto

Tede en conta que se vai avaliar como o facedes.  Esta rúbrica axudaravos a saber que debedes ter en conta.

Rúbrica coavaliación

Lectura facilitada

Tede en conta que se vai avaliar como o facedes. 

Esta rúbrica axudaravos a saber

que debedes ter en conta.

Rúbrica coavaliación

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)