Saltar navegación

Rótulos

O nome do xogo

Debuxo dun rótulo de exemplo co nome dun xogo

Na zona de xogo teredes que colocar un rótulo co nome do xogo para que as nenas e nenos saiban como se chama o xogo.

A forma de colocar o rótulo dependerá dos materiais que teñas dispoñibles, pero debe ter unhas características mínimas:

Ben escrito: revisa que non teña faltas de ortografías.

Nome correcto: non confundas ás persoas visitantes cun nome de xogo equivocado!

Letras grandes: un rótulo debe ser visible a distancia. Non podemos fixar un tamaño mínimo de letra  porque depende do formato, non é o mesmo se está impreso que feito a man.

Cores adecuadas: se utilizas unha cor moi clara pode que o texto non se lea ben. Se pensas pintar o fondo ten en conta que o importante é facer lexible o texto, procura manter unha boa contraste entre cores.

    Lectura facilitada

    Na zona de xogo debemos colocar un rótulo co nome do xogo

    para que as nenas e nenos saiban como se chama o xogo.

    O rótulo debe estar ben escrito.

    O rótulo debe ter o nome do xogo.

    O rótulo debe ter  letras grandes.

    O rótulo debe ter cores que se vexan ben.

    Revisamos o traballo

    Comproba que tes SI en tódolos ítem 

    O rótulo
    Ítem Si Non

    O nome do xogo é correcto.

    Ben escrito sen faltas de ortografía.

    Visible desde fóra da zona de xogo.

    Lexible para todo o alumnado.

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)