Glosario
Patrimonio cultural
-
Definición:
-
Conxunto de bens, tradicións e saberes de certa antigüidade e moita importancia.
-
Exemplo:
-
Uxía escribiu un libro sobre o patrimonio cultural de Galicia.
Popular
-
Definición:
-
Que é coñecido por moita xente.
-
Exemplo:
-
As actrices son personaxes populares
Provir
-
Definición:
-
Ter orixe en.
-
Exemplo:
-
As persoas galegas proveñen de Galicia.
Regato
-
Definición:
-
Curso de auga moi pouco abundante, regueiro pequeno.
-
Exemplo:
-
Foise mollar ao regato.
Rexión
-
Definición:
-
Territorio que se distingue doutros por ter certas características propias como: o clima, a topografía, a historia ou a cultura.
-
Exemplo:
-
Nesa rexión de España chove moito.
Tradicional
-
Definición:
-
Que segue as normas ou costumes do pasado.
-
Exemplo:
-
A buxaina é un xoguete tradicional.
Transmitir
-
Definición:
-
Facer chegar algo a alguén.
-
Exemplo:
-
Transmitiu a mensaxe ao seu mestre.
Xogo de sempre
-
Definición:
-
Son os xogos que existen desde hai moitos anos, incluso séculos. Tamén se definen como xogos tradicionais ou xogos populares.
-
Exemplo:
-
O pano é un xogo de sempre porque xa o xogaba a miña avoa.
Xeración
-
Definición:
-
Membros dunha familia que van nacendo e vivindo en diferentes momentos ao longo do tempo.
-
Exemplo:
-
Na aldea da montaña viviron cinco xeracións da miña familia.

