O deporte autóctono
O deporte autóctono lévase a cabo cunha finalidade fundamentalmente lúdica ou recreativa, pero sen esquecer a parte competitiva. Ten unha orixe ancestral e pasou a formar parte importante da cultura popular, por esta razón está vinculados a unha determinada zona xeográfica (comarca, provincia, comunidade autónoma, país...), aínda que non ten porque coincidir coas fronteiras políticas destes sitios.
Forman parte da tradición cultural dunha determinada zona e están asociados a actividades que se practican en momentos de cohesión humana, como poden ser as festas ou os momentos de ocio e divertimento dunha sociedade.
Este é precisamente o caso do xogo de "a chave", que se practica no noroeste da Península Ibérica, principalmente en Galicia, onde se xogan varias modalidades, pero esténdese tamén por Asturias e León, especialmente pola comarca do Bierzo.
Principais diferenzas entre xogo e deporte:
- Nos xogos as normas son máis flexibles, as persoas que participan no xogo poden cambiar as regras. No deporte as normas son ríxidas e o procedemento para introducir cambios é complexo.
- Os deportes teñen organismos que regulan as competicións.
- Nos deportes hai adestramentos e preparacións para competir.
Lectura facilitada
O deporte autóctono ten unha orixe antiga e pasou a formar parte importante da cultura popular,
están vinculados a unha determinada localidade ou rexión.
As diferenzas entre os xogos e deportes son:
- Os deportes teñen normas máis amplas que os xogos.
- Os deportes teñen organismos que regulan as competicións.
- Nos deportes hai adestramentos e preparacións para competir.