A facer invitacións!
Queres que veña todo o alumnado do colexio á nosa festa? Pois a facer invitacións!
Unha invitación é un escrito mediante o cal invitamos a alguén a asistir a un evento. No noso caso, por exemplo, ese evento é "A festa do xogo".
Podemos facer a invitación a man ou axudándonos dun ordenador, pero sexa como sexa, a invitación ten que conter estes datos:
- Nome do evento. É importante que a persoa invitada saiba a que se lle está a convidar.
- Quen invita. Unha opción é dicir que o alumnado de quinto de Educación Primaria invítate á súa festa.
- A quen invita. Se son invitacións grupais hai que especificar a que grupo se está a invitar. Se polo contrario son invitacións individuais, entón pódese escribir o nome da persoa.
- Lugar. Onde se vai celebrar o evento.
- Data. Que día se vai celebrar o evento.
- Hora. A que hora teñen que acudir ao lugar sinalado.
Por outro lado, é importante que a invitación consiga chamar a atención á persoa que a recibe. Para conseguilo é recomendable decorala e que, ademais de ter os datos imprescindibles comentados anteriormente, teña tamén cores ou debuxos que a fagan máis atractiva.
Lectura facilitada
Fai unha invitación para a festa que conteña estes datos:
- Nome do evento.
- Quen invita.
- A quen invita.
- Lugar.
- Data.
- Hora.
Revisamos o traballo
| Ítem | Si | Non |
|---|---|---|
|
Ten o nome do evento. |
||
|
Comunica quen está a invitar. |
||
|
Contén a quen se está a invitar. |
||
|
Especifica o lugar da festa. |
||
|
Comunica a data do evento. |
||
|
Reflicte a hora de inicio. |