Saltar navegación

A buxaina

 

Glosario

Habelencia

Malabarista

Definición:

Destreza para facer ben unha cousa

Exemplo:

Demostrou moita habelencia coas pelotas

Látego

Corda

Definición:

Instrumento cunha corda ou correa flexible suxeita a un mango

Exemplo:

Golpeo co látego a buxaina para que xirase máis tempo

Sector

Trozo de tarta

Definición:

Parte dun círculo entre dous radios e o arco da circunferencia.

Exemplo:

Cortou o pastel en varios sectores

Trompo, peón ou buxaina

Este enredo é coñecido con moitos nomes: peón, trompo, buxaina, pión ou sevillana. Trátase dun xoguete de madeira, aínda que na actualidade tamén se producen en plástico, que ten na punta unha parte de metal para que baile con máis facilidade e durante máis tempo.

Ver o vídeo con subtítulos (nova xanela)

Na modalidade máis estendida utilízase unha corda, que ten o nome de piola, que se enrola sobre a buxaina e ao tirar o brinquedo comeza a dar voltas. Non existe unha forma única de enrolar a piola, no vídeo podes ver unha forma de poñer a piola ao redor do peón.

Unha forma de poñer a piola

Poñer a piola imaxe 1 Poñer a piola imaxe 2 Poñer a piola imaxe 3 Poñer a piola imaxe 4 Poñer a piola imaxe 5 Poñer a piola imaxe 6

Tipos de buxainas segundo a forma de poñelas a xirar.

Buxaina cunha piola enrolada

Con piola

Utilizan unha corda que se enrola sobre a buxaina.

Ilustración con dous bailaretes

De dedos

A buxaina comeza a xirar cun movemento rápido de dedos

Debuxo dunha buxaina de látego

De látego

Usan un látego pequeno para poñer en movemento e manter xirando o trompo

Fotografía dunha buxaina co lanzador

Con lanzador

Utilizan un mecanismo ou un aparello externo para que a buxaina comece a xirar. 

Partes dunha buxaina

Debuxo onde están sinaladas as 4 partes da buxaina

1 Pirucho.

2 Capa.

3 Panza.

4 Ferrón.

Segundo a forma o ferrón pode ser:

5 Ferrón de bola.

6 Ferrón de punto.

7 Ferrón de tope.

Divertimentos con buxainas

Habelencias

Trátase de demostrar as habilidades co uso do peón, por exemplo bailar na man, bailar ao ar, facer un corredor ou mover a buxaina por un carril feito coa piola dobrada á metade. 

Fotografía da man dunha persoa cunha buxaina xirando

Xogos

A vida

Ilustración do xogo da vida Deben participar ao menos dúas persoas.
Lánzanse as buxainas ao mesmo tempo dentro dun círculo pintado ou marcado no chan.

Gaña a persoa que mantén durante máis tempo a buxaina xirando dentro do círculo.

Carreira de peóns

Ilustración dunha carreira con buxainas Trátase de facer unha carreira coa buxaina dando voltas sobre a palma da man. Hai que ter moita destreza no manexo do peón porque para gañar temos que chegar á meta coa buxaina bailando.

A cruz

Debixo do xogo da cruz Píntase unha cruz no chan, as persoas xogadoras lanzan a buxaina por orde. Cando paran os peóns, gaña a persoa que deixou a buxaina máis preto do centro da cruz.

Turbo
Debuxo do xogo turbo con buxaina Debúxase un círculo no chan, e divide en dez sectores numerados (de 1 a 10). Os xogadores e as xogadoras lanzan as buxainas sobre o círculo. Suman puntos segundo o sector no que parou o trompo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)