Saltar navegación

O candil

Aquí vai unha proposta de danza rexional de España para o día da festa. Podedes escoller este baile ou chegar a un acordo e realizar outro diferente.

“O candil” é unha danza autóctona de Estremadura, en concreto da zona de Olivenza, que recibe este nome porque se bailaba á luz dos candís. Trátase dunha xota cunha música moi alegre o que a fai divertida de interpretar. 

Descrición da danza

O baile comeza cunha disposición inicial en círculo de tres parellas, alternando home-muller.
Podedes adaptar esta parte con máis parellas en cada círculo.
As mulleres levan os brazos en xerra e homes coas mans detrás.

Frase A
16 saltos no sitio alternando os pés.

Frase B
Cadea.

Frase C
Volta ao círculo, as mulleres avanzan cara ao centro e dan palmadas, volven á posición inicial e avanzan ao centro os homes con palmadas.

Frase D
Corro avanzando á dereita e logo á esquerda.

Frase E
Muíño coa man esquerda no centro, primeiro ás mulleres e logo os homes.

Frase F
Muíño conxunto en parellas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)