Saltar navegación

1.1. Un problema

Quero xogar

Dedica uns minutos a ver e escoitar este vídeo.

Quero xogar, quero bailar, que cada día sexa xenial
Quero moitos amigos, quedar e bailar, e gozar da vida real.

Lectura facilitada

Hai 4 días xogaba na rúa

Agora teño móbil, estou na Lúa

Vou crear unha conta no Facebook

A todos lles gustará

E a miña vida coñecerán

Cada día doume conta

De que isto non me mola

Na miña mente algo pasa

Que non podo controlar

Teño WhatsApp, teño Instagram

Pero me falta baixar o Snapchat

Abrir a conta do Facebook

Crearme un canal

E non parar de retuitear

Agora subo fotos a Instagram

E fago moitos selfies sen parar

Voume facer youtuber

Para poder mostrar

Os meus avances no Clash Royale

Cada día doume conta

de que isto non me mola

Na miña mente algo pasa

Que non podo controlar

Teño WhatsApp, teño Instagram

Pero me falta baixar o Snapchat

Abrir a conta do Facebook

Crearme un canal

E non parar de retuitear

Estou todo o día "wasapeando"

Que antes estaba rapeando

Cambiei a voz pola escritura

E isto non ten mesura

Porque á pantalla estou pegado

Teño o coco flipado

Vou acabar atolado con tanto Android e iPhone

iPhone, iPhone, iPhone

Cada día doume conta

De que isto non me mola

Na miña mente algo pasa

Que non podo controlar

Teño WhatsApp, Teño Instagram

Pero me falta baixar o Snapchat

Abrir a conta do Facebook

Crearme un canal

E non parar

De retuitear

Quero xogar, quero bailar

E cada día que sexa xenial

Quero moitos amigos

Quedar e baixar

E desfrutar

Quero xogar, quero bailar

E cada día que sexa xenial

Quero moitos amigos

Quedar e baixar

E desfrutar

Da vida real

(Autor: Os Nenos da Vella)
(Título: Quero xogar)
(Primeiro premio na categoría infantil do segundo certame do concurso "Quero cantar" da Deputación da Coruña)

Pensa e reflexiona

Cres que está a suceder o que se conta no vídeo que acabas de ver?

Pensas que cada vez se xoga menos a pillar, ás agochadas ou á corda?

Os teléfonos móbiles, a televisión e as videoconsolas están a quitarnos o xogo de sempre?

Pasas moito tempo mirando as pantallas?

Gustaríache fabricar os teus propios xoguetes?

Se respondiches que si ás preguntas anteriores é que queres axudar na solución do problema. Pasa ao apartado seguinte!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)