Saltar navegación

Pulseiras

Pulseiras para entrar na festa

Coidado, non deixedes pasar a todo o mundo! Unha boa estratexia para que non se vos coen na festa é entregar a cada compañeiro e compañeira unha pulseira da festa.

Podedes facer a pulseira a man ou co ordenador, pero hai que ter en conta estas normas:

  • Tamaño axeitado. Dependerá do pulso de cada compañeiro pero polo xeral as pulseiras adoitan ser de: 25 x 2 cm.
  • Unha zona de pegado. Deixaremos unha zona branca de uns 4 x 2 cm, situada nunha das extremidades da pulseira.
  • Nome do evento. Haberá un espazo para o deseño e personalización do evento (21 cm restantes da pulseira). Pódense utilizar deseños relacionados coa temática da festa, como símbolos de xogos tradicionais, imaxes festivas ou elementos de baile. Tamén se pode xogar coas cores para establecer equipos ou grupos de xogo.
  • Algún elemento propio dos xogos populares e tradicionais. Introducimos algún obxecto característico que poña en contexto a festa que se vai realizar.
  • Nome do centro

Un consello para aforrar en material é aproveitar un folio, ao máximo, imprimindo varias pulseiras dunha soa copia. Unha vez preparadas as pulseiras só haberá que recortalas e repartilas polas clases para que cada un teña a súa propia. 

Tamén debemos recordar que o día da festa deben estar postas e ter coidado con non rompelas se queren participar nos xogos e bailes organizados.

Pulseira de exemplo coas medidas

Lectura facilitada

Fai unha pulseira para a festa tendo en conta:

  • Tamaño aproximado de 25 de longo e 2 de ancho.
  • Zona de pegado de .4 centímetros de longo e 2 de ancho.
  • Nome do evento nos restantes 21 cm.
  • Algún elemento propio dos xogos populares e tradicionais.
  • Nome do centro.

Necesitas un modelo para facer a pulseira?

Revisamos o traballo

Pulseira - Entrada
Ítem Si Non

Ten o nome do evento

Leva o nome do colexio

Tamaño axeitado 25 x 2 cm

Contén unha zona de pegado 4 x 2 cm

Elementos dos xogos populares e tradicionais

Feito con eXeLearning (Nova xanela)