Glosario
Morea
-
Definición:
-
Gran cantidade de cousas.
-
Exemplo:
-
Juan ten unha morea de libros na casa.
Século
-
Definición:
-
Período de tempo de cen anos.
-
Exemplo:
-
Os romanos tardaron un século en construír o acueduto.
Definición:
Gran cantidade de cousas.
Exemplo:
Juan ten unha morea de libros na casa.
Definición:
Período de tempo de cen anos.
Exemplo:
Os romanos tardaron un século en construír o acueduto.
Mira a imaxe, trátase dunha obra de arte pintada por Pieter Brueghel o Vello, á que chamou "Xogos de nenos" e que recolle unha morea de xogos populares da época do autor.
Este cadro foi pintado no século XVI (dezaseis), hai máis de 400 anos! Despois de tantos anos aínda seguimos a practicar case os mesmos xogos. Seguro que recoñeces moitos dos enredos do cadro.
Se premes na foto verala máis grande.
Move o rato sobre a fotografía de abaixo para utilizar a lupa e ver os detalles dos xogos.
Chama a atención a cara das persoas, non é que Brueghel pintara mal, o motivo é que na época do cadro aos nenos e nenas as debuxaban con eses trazos raros, como se fosen adultos en pequeno.
Que outras cousas chamáronche a atención? fixáchesche se hai xogos que só practican nenos e outros de nenas? Atopaches no cadro algún xogo con nenos e nenas xuntos? Dedica uns minutos a reflexionar sobre as formas de discriminación no xogo.
Este cadro o pintaron hai moitos anos, foi hai máis de catrocentos anos.
O autor foi un holandés que ten o nome de Brueghel.
No cadro podes ver nenos e nenas xogando,
algúns dos xogos aínda se xogan agora.
Busca no cadro os xogos que coñezas.
Atopaches no cadro algún xogo practicado por nenos e nenas xuntos?
Se premes na foto verala máis grande.
Wikipedia: "Juegos de niños" (nova xanela)
Vídeo: ¿Te cuento un cuadro? (nova xanela)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0