Glosario
Aparello dixital
-
Definición:
-
Obxecto construído por varias pezas. Os aparellos dixitais son os que levan pantallas para amosar imaxes e outros datos.
-
Exemplo:
-
O teléfono móbil é un aparello dixital.
Evento lúdico
-
Definición:
-
Acontecemento público relacionado co xogo
-
Exemplo:
-
No concello organizaron un acto lúdico para recadar fondos
Exhibición
-
Definición:
-
Acto no que se mostra algo en público.
-
Exemplo:
-
O xoves asistimos a unha exhibición de maxia.











