Que se fai, se comprende ou se consegue sen esforzo.
Exemplo:
A táboa do 5 é moi doada.
Adaptar
Definición:
Facer que unha cousa se axuste a outra, que colla a forma ou dimensión que a outra esixe.
Exemplo:
Hai que adaptar o debuxo ao tamaño do folio.
Afiado
Definición:
Que ten a punta aguda.
Exemplo:
Coidado, o coitelo está moi afiado!
Gomaespuma
Definición:
Substancia esponxosa e branda, que se emprega principalmente no interior de colchóns e tamén en material deportivo para evitar danos por golpes.
Exemplo:
Xogamos con pelotas de gomaespuma para non mancarnos.
A billarda
En ocasións faise necesario adaptar un xogo tradicional por motivos como a idade das persoas que participan (modificar un xogo de adultos para que poidan participar nenos e nenas), o campo de xogo (se se necesita un campo grande podemos cambiar as regras para utilizar un espazo pequeno) ou os materiais do xogo (cambiar elementos con certo perigo por outros máis doados de utilizar).
Imos coñecer un dos xogos tradicionais máis singulares da cultura: a billarda.
A billarda ou estornela é un xogo que consiste en darlle cun pau (palán) a outro máis pequeno (billarda), para que salte e se golpee para lanzalo o máis lonxe posible. Na actualidade a billarda está recoñecida en Galicia como unha modalidade deportiva.
Polas características do xogo pode que non sexa adecuado para todas as idades, cousa que podemos solucionar no colexio con modificacións. Pois ben, as adaptacións que se propoñen céntranse nos materiais cos que se desenvolve este xogo.
1 Billarda 2 Palán
Para evitar xogar con paus afiados que poidan ter certo perigo, podemos adaptar a nosa billarda con:
Pau de madeira (palán) e botella de plástico (billarda)
Bate de gomaespuma (palán) e barra de pegamento (billarda)
Raqueta vella (palán) e envases de iogures bebibles (billarda)