Saltar navegación

1.5. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Ilustración que representa o diario de aprendizaxe Antes de comezar, se non sabes o que é un diario de aprendizaxe, dedica uns minutos a ler as explicacións sobre o uso do diario de aprendizaxe. 

Acceso ao recurso "Que é un diario de aprendizaxe?"

Busca no teu diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á Fase 1 e completa todos os apartados. Na reflexión dedica uns minutos a pensar e non escribas calquera cousa só por rematar pronto!

Nesta fase descubriches o reto e o obxectivo común: organizar unha festa do xogo.
Reflexiona sobre o teu traballo, as cousas que fixeches en equipo, e tamén sobre a maneira na que aprendes.
Isto servirache de moito en futuras aprendizaxes.

Se non tes o diario de aprendizaxe podes ver o documento desde esta ligazón, no apartado "Diario de aprendizaxe".

Lectura facilitada

Agora toca escribir no Diario de aprendizaxe,

se non sabes o que é un Diario de aprendizaxe

podes premer nesta ligazón

Busca a páxina da Fase 1 e completa as actividades.

Pensa antes de responder e reflexiona sobre o que aprendiches

e sobre o traballo en equipo, non teñas medo a dicir o que opinas.

Se non tes o Diario de aprendizaxe podes ver o documento desde esta ligazón.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)