Saltar navegación

1.3. Dous pequenos retos

 

Glosario

Artesán

Obxectos feitos de xeito artesán

Definición:

Elaborado por unha persoa de xeito manual ou con ferramentas.

Exemplo:

Marcamos queixo artesán.

Enredo

Xoguetes

Definición:

Obxecto ou obxectos que se utilizan para divertirse. Significa o mesmo que xoguete.

Exemplo:

Os enredos estaban tirados polo chan.

Refugallo

Material de refugallo

Definición:

O que sobra e non se aproveita.

Exemplo:

No cole fixemos unha obra de arte con material de refugallo.

 

Ademais de organizar a festa do xogo, temos que lograr outros dous retos:

1.- Reto do xoguete: construír un enredo.

2.- Reto do cole animado: conseguir que a maior cantidade de nenos e nenas, de mestras e mestres, participen no baile final da festa.

Individual: reto do xoguete

Este reto consiste na construción e presentación aos teus compañeiros e compañeiras dun enredo artesán, é dicir, creado por ti.

Para o reto podes escoller unha destas opcións: facer un dos xoguetes de exemplo, inventar un enredo ou crear un xoguete libre.

Hai dúas condicións para superar o reto:

  1. O xoguete ten que estar feito con madeira ou con material de refugallo.
  2. O enredo ten que ser axeitado para todos os nenos e as nenas. Non prepares xoguetes que poidan causar dano.

Opción A. Un xoguete paso a paso

Escolle un destes enredos para construír. Algúns son moi sinxelos e están feitos con materiais que podemos atopar pola casa.

Encestar a bóla

Zoadeira de botón

Bailarete

Opción B. Un xoguete inventado

Inventa o teu propio enredo. 

Futbolín con pinzas

Futbolín cunha caixa de zapatos e pinzas da roupa.

Monecas de trapo.

Moneca de trapo.

Xogo de damas

Damas.

Bailarete con lanzador

Opción C. Construción libre

Xoguete libre.

Un superbrinquedo que podes elaborar con axuda ou sen ela, empregando a túa imaxinación ou collendo a idea dun libro ou de Internet.

Carrilana Chave de madeira Moneca feita con vexetais

Xunto co xoguete debes entregar a ficha que explica o proceso de construción.

Ficha do xoguete en formato PDF (nova xanela).

Ficha do xoguete en formato edición

En equipo: reto do cole animado

Este reto consiste en convencer e incluso preparar ao maior número posible de nenas e nenos do cole, así como tamén aos e ás profes, para que bailen con vós unha das danzas, ao remate dos xogos.

Todo o cole a bailar!

Tedes que decidir a danza, tamén pode ser un dos bailes que se fagan na exhibición.

Fotografía dun grupo de nenos e nenas bailando

Feito con eXeLearning (Nova xanela)