Saltar navegación

A muiñeira

 

Glosario

Airado

Pictograma que representa ao vento

Definición:

Movementos moi visibles.

Exemplo:

Ten uns movementos moi airados.

Compás

Pictograma que representa a unha nena sentada nunha cadeira marcando o ritmo

Definición:

Intervalos de igual duración cos que se marca o ritmo nunha frase musical.

Exemplo:

Antón leva ben o compás.

Coreografía

Debuxo de dous danzantes, un home e unha muller

Definición:

Arte de compoñer danzas harmonizando a música coas figuras e pasos dos bailaríns.

Exemplo:

A muiñeira pode ter varias coreografías.

Homenaxe

Ilustración dun diploma

Definición:

Mostra de admiración, afecto e respecto cara a algo ou alguén.

Exemplo:

A Uxía fixéronlle unha homenaxe na súa cidade.

Puntos

Debuxo dunha nena que baila unha danza tradicional

Definición:

Pasos de baile.

Exemplo:

A muiñeira ten uns puntos moi bonitos.

Redobrante

Debuxo dun redobrante

Definición:

Tambor de caixa alta. Ten un son máis xordo que un tambor normal.

Exemplo:

Antón toca o redobrante.

A muiñeira

A orixe da muiñeira non e preciso, aínda que parece que provén dos bailes celtas e podemos situar os seus comezos ao redor do século XV. Esta asociada á labor agrícola do procesado do trigo para convertelo en fariña, unha labor longo no tempo, que era amenizada con este baile que en ocasións recorda nos seus movementos circulares á roda do instrumento, do muíño. Baílase en Galicia pero tamén en Asturias e algunhas zonas limítrofes de Castela e León.

Foto dunha muller co traxe típico para bailar a muiñeiraÉ unha danza que se pode cantar (muiñeira vella) ou ser só instrumental (muiñeira nova) e os instrumentos que a acompañan poden ser a gaita, o tamboril, o redobrante, o pandeiro, a pandeireta e, ás veces, as cunchas. Parece ser que nos seus comezos foi só instrumental, incorporándose as muiñeiras cantadas ao redor do século XVII, aínda que se carece de documentación escrita anterior ao século XIX.

Na muiñeira vella dous ou máis homes bailan con dúas ou máis mulleres e realizan puntos (pasos de baile) complexos. A muller ten un papel secundario e limítase a seguir ao home con pasos en forma de oito e con actitude recollida.

Na muiñeira nova un home interpreta un punto, que se constrúe improvisadamente a base de saltos, picados e outras figuras e o resto do grupo repite os pasos varias veces, mentres que dure a copla. Na parte da volta da melodía o grupo realiza paseos en círculo, xirando as filas sobre o centro e facendo varias figuras coreográficas sinxelas.

Tanto puntos como paseos fanse cos brazos en alto, facendo cos brazos debuxos no aire que dan graza ao baile.

O seu compás característico é o 6/8 rápido e vivo, presentando unha estrutura de dúas ou máis partes. A estrutura musical está composta de copla (tema A) e volta (tema B) e interpretase a danza como un punto e paseo.

Bailase en parellas, pero se o número de participantes e maior de seis, pode bailarse en círculo.

Variantes da Muiñeira

Dentro da muiñeira distinguise variedades en función da forma en que se baila:

  • Ribeirana: ten o ritmo moi vivo e as figuras máis difíciles. Bailase pola zona do río Ávia, en Ourense. A muller non segue os movementos do home.
  • Contrapaso: o paso dáse na parte contraria do que se deu antes. Polo xeral báilase en círculo.
  • Golpe: lenta e cerimonial, de ritmo lento, especialmente nos movementos do home.
  • Carballesa: estendida pola zona de Carballiño (Ourense). Baséase na estrutura da Ribeirana, pero moito máis viva. Bailase en parellas e a muller repite exactamente os movementos do home.
  • Redonda: báilase por parellas en círculo.
     

Os movementos básicos noméanse como “tacón-punta-tacón” en alusión aos movementos dos pes dos danzantes.

Lectura facilitada

A muiñeira é un baile tradicional de Galicia,

Primeiro só tiña instrumentos musicais,

logo máis tarde empezaron a cantar.

Para aprender a bailar hai que ver os vídeos.

Se queres aprender a bailar a Muiñeira podes guiarte paso a paso con estes vídeos. Preme nas lapelas.

Presentación

Parte 1: o picado

Parte 2: adiante-atrás

Parte 3: os brazos

Parte 4: as patadas

Parte 5: pasos combinados

Parte 6: paseo

Parte 7: o baile

Feito con eXeLearning (Nova xanela)