Ficha do xogo
Exemplo de xogo popular: "a bomba"
A bomba
Material
Unha pelota.
Lugar de xogo
Unha superficie sen obstáculos.
Participantes
Mínimo 3. Xógase de xeito individual.
Obxectivo do xogo
Non ter a pelota nas mans cando estoupe a bomba.
Desenvolvemento e normas do xogo

Todas as persoas participantes forman un círculo, agás unha que se sitúa dentro del. Este xogador ou xogadora avisa aos participantes de que comeza o xogo co grito "Hai unha bomba!". Nese momento os e as participantes que forman o círculo pásanse a pelota no sentido das agullas do reloxo e o xogador do medio inicia unha conta atrás dende trinta ata cero, en silencio e sen mirar ao resto dos xogadores e xogadoras. Cando chega a vinte avisa co grito de "Está caendo!", cando chega a dez avisa de novo co grito de "Vai caer!" e cando chega a cero a bomba estoupa ao grito de "Caeu!". Nese momento a persoa que ten a pelota nas mans perde, senta no seu sitio coas pernas estiradas e comeza unha nova ronda onde, agora, hai que saltar as pernas do xogador ou xogadora que foi eliminada para pasarlle a pelota á seguinte persoa e despois volver ao mesmo sitio volvendo a saltalas.
Gaña o último xogador en pé.