Diario de aprendizaxe

Xa organizamos a festa do xogo, creamos materiais para utilizar durante a festa e tamén para anunciala e darlle publicidade.
Chega o momento de facer a reflexión final. Todos os proxectos deben ter unha fase para analizar os resultados, ver as cousas que funcionaron ben as que non saíron como esperabamos. Non teñas medo a facer propostas que axuden a mellorar o proxecto.
Volve a vista atrás e pensa sobre como foi esta aventura dende o comezo e os resultados do proxecto. Nun futuro, grazas a esta reflexión poderás adaptarte mellor a outras situacións de aprendizaxe diferentes.
Lectura facilitada
Debes escribir no diario de aprendizaxe os apartados da fase 5.
O que fixeches:
- Comprobar as cousas que saíron ben e as que non saíron como esperabas.
- Debater sobre os resultados deste proxecto.
- Escribir propostas de mellora.