Saltar navegación

1.4. A planificación da festa

Os pasos

Ilustración que representa o traballo en equipo

1. Formar grupos e buscar un nome para o equipo.

Ilustración con dúas perinolas

2. Fabricar un xoguete.

Investigar

3. Investigar e propoñer xogos ao grupo.

Ilustración dun xogo con buxainas

4. Seleccionar e practicar os xogos.

Investigar en Internet

5. Investigar e propoñer danzas.

Un grupo de nenos e nenas que bailan

6. Bailar as danzas na clase.

Carteis de anuncio da festa do xogo

7. Anunciar a festa.

Ilustración que representa a planificación

8. Organizar a festa.

Un grupo de persoas debaten

9. Reflexionar sobre o traballo. 

Lectura facilitada

Para organizar a festa do xogo seguiremos os seguintes pasos:

  1. Formar grupos e buscar un nome para o equipo.
  2. Fabricar un xoguete.
  3. Investigar e propoñer xogos ao grupo.
  4. Seleccionar e practicar os xogos.
  5. Investigar e propoñer danzas.
  6. Bailar as danzas na clase.
  7. Anunciar a festa.
  8. Organizar a festa.
  9. Reflexionar sobre o traballo.

As sesións de traballo

Sesión

O que faremos

1

Presentación do "reto da festa do xogo", o "reto do xoguete" e o reto do "cole animado".
Repasar os xogos que coñeces.

2

Crear os equipos e repartir as categorías dos xogos.
Cada grupo ten que propoñer 4 xogos para a festa. Entre todas e todos seleccionaredes os 3 máis votados.
Escoller as danzas tradicionais. Practicar xogos en EF.

3

Sesión con xogos dunha categoría, comezamos coa preparación das danzas.

4

Sesión con xogos dunha categoría,  preparación das danzas.

5

Sesión con xogos dunha categoría,  preparación das danzas.

6

Sesión con xogos dunha categoría,  preparación das danzas.

7

Creación de recursos para o reto "a festa do xogo". 

8

Sesión de xogos. Crear zonas de xogo e baile para a festa. Repartir xogos por zonas.

9

Ensaio das funcións das monitoras e monitores dos xogos. Presentación dos xoguetes.

10

Revisión do traballo e dos resultados da "festa do xogo". Pensar propostas de mellora. Tomar decisións para as tarefas de ampliación.

O día que o colexio escolla para celebrar a festa terás que colocar todo o material que se necesita en cada xogo, ademais dos rótulos para indicar a distribución dos enredos. Non esquezas repartir as invitacións e o regalo (pulseira) antes do día da festa. Tamén tes que anunciar a festa cos carteis.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)