Saltar navegación

4.3. Somos responsables

 

Como sodes as persoas responsables de que na festa do xogo todo funcione ben, tedes que coñecer algunhas pautas para ser boas e ser bos monitoras e monitores.

Tarefas para:

Antes do xogo:

  • Ter preparado o material.
  • Explicar as normas dos xogos.
  • Formar equipos.
  • Escoller á persoa que panda, se é necesario.

Durante o xogo:

  • Estar atentos e atentas ás incidencias.
  • Resolver os conflitos con diálogo. 
  • No caso dalgunha incidencia parar o xogo e non volver a comezar ata que non se resolva o problema.
  • Comprobar que todos e todas respectan as normas de xogo.

Ao final do xogo:

  • Lembrar ao grupo que participou que deben completar a tarxeta coa valoración do xogo.
  • Pedir aos participantes que recollan o material.
  • Comprobar o estado do material, que non se rompera nada.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)