O teu diario de aprendizaxe

Un diario de aprendizaxe é un documento no que escribirás sobre como vai o traballo que estás a facer.
No diario atoparás diferentes partes e preguntas que che axudarán a reflexionar sobre a maneira na que aprendes, as túas experiencias e opinións.
O diario de aprendizaxe é moi útil para ti mesmo e para o teu profesorado, xa que poderás valorar os teus progresos e obter moita información de como vas na aprendizaxe.
Lembra que, aínda que pode ser revisado polo profesorado, non é para avaliar. Escribe con sinceridade e analiza con franqueza a maneira na que aprendes xa que te axudará a coñecerte mellor para futuras aprendizaxes.
Cando usas o diario estás a desenvolver a túa autonomía ao tempo que reflexionas sobre a forma de aprender.
Diario de aprendizaxe en formato PDF (nova xanela).
Diario de aprendizaxe en formato dixital para traballar co ordenador.
Lectura facilitada
Un Diario de aprendizaxe é documento para escribir sobre o que aprendes,
tamén podes anotar reflexións e opinións.
No Diario de aprendizaxe hai preguntas para contestar
sobre o que aprendes e sobre o traballo que fas.
Non é para poñer nota.
Co diario aprendes a reflexionar sobre o teu traballo.
Acceso ao documento Diario de aprendizaxe en formato PDF (nova xanela)
Acceso ao documento Diario de aprendizaxe dixital
Acceso ao documento Diario de aprendizaxe en formato edición