Nesta tarefa tes que preparar os materiais que se necesitan para a festa.
1. Cartel da festa. Para anunciar o evento.
2. Rótulos. Para identificar os xogos.
3. Invitacións. Para levar ás aulas.
4. Pulseiras. Para regalar ás nenas e nenos.

Hai que repartir a creación destes produtos. Cada grupo, de xeito colaborativo, en equipo, terá que preparar o material que lle toque.
Non sabes como repartir as tarefas? Pois utiliza un xogo de botar a sortes!
Ampliación
Outras cousas que podes crear:
Identificacións para as persoas monitoras dos xogos.
Poderían ser de varios formatos, dependendo de se no cole tedes recursos para fabricar ese produto.
- Como tarxetas para poñer na roupa ou colgar cunha cinta.
- Como chapas, se tedes máquina.
- Camisetas, gorras ou chalecos decorados.