A anunciar a festa!
Necesitamos anunciar a festa, todo o mundo no cole debe estar informado de que imos celebrar unha festa do xogo.
Cando hai un grande evento podes ver pola rúa carteis que o anuncian e dan información como o nome do evento, o lugar de celebración e a data.
Esta festa tamén hai que anunciala!
Debedes crear un cartel coa seguinte información sobre a festa:
O nome do colexio, que tamén vai ser o lugar de celebración.
A data do evento, para que ninguén se confunda de día.
O nome do evento, lembra que é "A festa do xogo".
Unha explicación sobre o que vai pasar na festa.
Colaboracións, se vai colaborar algunha institución ou persoa hai que poñer o nome como agradecemento.
O cartel pode estar feito a man, nunha cartolina, ou elaborado cunha aplicación dixital, neste caso tedes que imprimilo.
Lectura facilitada
Cando hai un grande evento podes ver pola rúa carteis
que o anuncian e dan información como o nome do evento,
o lugar de celebración e a data.
Esta festa tamén hai que anunciala!
Debedes crear un cartel coa seguinte información sobre a festa:
- O nome do colexio, que tamén vai ser o lugar de celebración.
- A data do evento, para que ninguén se confunda de día.
- O nome do evento, lembra que é "A festa do xogo".
- Unha explicación sobre o que vai pasar na festa.
- Colaboracións, se vai colaborar algunha institución ou persoa hai que poñer o nome como agradecemento.
O cartel pode estar feito a man, nunha cartolina, ou elaborado cunha aplicación dixital, neste caso tedes que imprimilo.
Revisamos o traballo
|
Ítem |
Si |
Non |
|---|---|---|
|
Ten o nome do colexio. |
||
|
Aparece a data completa co día, mes e ano. |
||
|
Ten a hora na que comeza a festa. |
||
|
Contén o nome do evento (A festa do xogo) |
||
|
Hai unha explicación da actividade. |
||
|
No caso de colaborar algunha institución (ANPA, Concello) ou persoa, aparece o nome. |