Para facer entre toda a clase: mini retos
Mirade ben o cadro de Bruegel, cambiamos as cores do cadro para que sexa máis doado ver os xogos.
A ver se entre todos e todas sodes quen de superar estes 3 mini retos:
1.- Buscade 8 xogos que coñezades.
2.- A ver se atopas os seguintes enredos: artefacto que parece un dron voador, pistola de auga, bólas, buxaina e moneca. Estes xoguetes non son erros, forman parte do cadro de Brueghel.
3.- Podedes facer unha lista de 10 xogos que coñezades e non aparezan no cadro?
Utilizade a lupa para investigar, se facedes click no cadro verédelo ampliado.
Sorte cos mini retos!

