Saltar navegación

3.3. Escollemos os xogos

En equipo: Os xogos da festa

Unha lupa e unha buxainaXa formamos os equipos, coñecemos as categorías e fixemos o repartimento da categoría ou categorías que lle corresponde a cada equipo. O seguinte paso é seleccionar xogos de cada grupo para practicar na festa do xogo.

No teu equipo tedes que acordar os xogos que considerades máis adecuados para a festa. Hai que prestar atención ás características do xogo e comprobar que sexa posible practicar o devandito xogo na festa. Lembra que os xogos deben ser da categoría ou categorías que se asignou ao voso equipo.

Cousas que debes ter en conta do xogo:

  • O número de persoas participantes.
  • Se o xogo necesita un lugar específico para practicalo. Non vai ser posible facer xogos na auga!
  • O material que precisa o xogo. Existe ese material no colexio? Podémolo conseguir ou fabricar?
  • A duración. Os nenos e nenas pasarán por varios xogos e se hai algún que dura moito tempo, non poderán xogar a todos.
  • A idade das persoas participantes.

Se o voso xogo non parece adecuado, aínda podes realizar adaptacións que fagan posible utilizar ese xogo na festa.

Dedicaremos as sesións de Educación Física a preparar a festa. Cada equipo debe presentar a súa selección de xogos e explicar a forma de xogar.

Podedes utilizar un modelo de documento para a descrición de cada xogo.

Documento modelo para describir o xogo en formato edición.

Documento modelo para describir o xogo en formato PDF (nova xanela).

Nos seguintes páxinas atoparás algúns exemplos de xogos de sempre,  de deportes autóctonos e algunhas danzas recomendadas para a festa do xogo. Tamén podedes atopar unha forma enxeñosa de adaptar un xogo para que se poida practicar con seguridade.

Lectura facilitada

Xa temos os equipos, coñecemos as categorías e fixemos o repartimento da categoría ou categorías que lle toca a cada equipo.

Agora debes escoller os xogos da categoría do teu equipo para xogar na festa.

No teu equipo tedes que acordar os xogos que considerades máis adecuados para a festa.

Cousas que debedes ter en conta do xogo:

  1. O número de persoas participantes.
  2. Se o xogo necesita un lugar específico para practicalo. Non vai ser posible facer xogos na auga!
  3. O material que precisa o xogo. Existe ese material no colexio? Podémolo conseguir ou fabricar?
  4. A duración. Os nenos e nenas pasarán por varios xogos e se hai algún que dura moito tempo, non poderán xogar a todos.
  5. A idade das persoas participantes.

Se un xogo non parece adecuado, podes cambiar cousas para facelo máis sinxelo ou seguro.

Practicaremos os xogos nas sesións de Educación Física

Podedes utilizar un modelo de documento para a descrición de cada xogo.

Acceso ao documento modelo para describir o xogo en formato formato edición.

Acceso ao documento modelo para describir o xogo en formato PDF (nova xanela)

Nos seguintes páxinas verás exemplos de xogos populares e tradicionais,  de deportes autóctonos e algunhas danzas recomendadas para a festa do xogo.

Tamén podedes atopar unha forma enxeñosa de adaptar un xogo para que se poida practicar con seguridade.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)