Medida entre a punta do polgar e o dedo maimiño coa man estendida.
Exemplo:
Á mesa fáltalle unha cuarta
Nicho
Definición:
Cavidade feita na parede, nun muro ou no chan
Exemplo:
Antón fixo un nicho no chan
Uz
Definición:
Arbusto común nos montes de Galicia
Exemplo:
As mocas estaban feitas de uz
Vara
Definición:
Medida de lonxitude equivalente a catro cuartas. Pau longo e delgado
Exemplo:
Na antigüidade a xente medía a lonxitude en varas
A porca
A porca é un xogo moi estendido na provincia de Ourense e polos instrumentos empregados podería estar vinculado ao coidado do gando.
Os elementos do xogo son parecidos aos do hóckey ou mesmo ao golf. Estes elementos son: un pau (moca, cachouna, caneira...), feito tradicionalmente de uz, e unha bóla de madeira dura (porca, pino), de 6 a 12 cm de diámetro. Nalgúns sitios este elemento substitúese por calquera outro elemento que rode e poida facer as funcións de bóla.
Xógase nun espazo amplo e despexado, de forma circular, que permita os movementos cos paus, pero delimitado no chan. No centro do chan escávase “un cortello” e diante de cada unha das persoas xogadoras escávase tamén un pequeno burato (ou nicho). Cada persoa participante e dono do seu nicho mentres teña a “moca” dentro del.
O número de xogadores e xogadoras é variable, pero o número ideal pode ser cinco ou seis.
Comeza o xogo botando a sortes para saber quen é "o porqueiro ou porqueira". Unha maneira de sortear é colocando a porca a uns 20 metros do curral e intentar, cada unha das persoas participantes do xogo, metela no curral empregando a moca co menor número de golpes posibles. O que empregase máis golpes sería o porqueiro.
Iníciase o xogo e o porqueiro ou a porqueira vai buscar a bóla para traela a o terreo de xogo e tenta meter a bóla no curral con algunhas normas:
Os desprazamentos da bóla téñense que facer sempre coa moca.
Pode coller a bóla coa man pero si a ten na man non pode desprazarse, aínda que si que pode lanzar a bola cara ao burato central.
O resto das persoas xogadoras non poden tocar ca man, só ca moca ou cos pés.
Se cando é lanzada a consegue coller no aire gaña o xogo.
Non se pode levantar moito a moca para evitar accidentes.
O porqueiro ou a porqueira pode ganar o xogo de dúas maneiras:
Metendo a porca no curral. Neste caso berraría: “Hai trocos!", e todas as persoas xogadoras teñen que cambiar de posición e abandonar o seu nicho, momento que aproveita o porqueiro ou porqueira para introducir a súa moca. Desta maneira despraza a un dos xogadores ou xogadoras, que pasa a ocupar o posto de porqueiro ou porqueira.
Se nalgúns lances do xogo o porqueiro ou a porqueira consegue meter a moca no nicho de algunha das persoas xogadoras, sempre que este libre, gaña o posto e intercámbianse as posicións.
Variantes:
Nalgúns casos fálase dunha variante con dous equipos de tres xogadores e dous campos diferenciados. O xogo desenvolvese como un partido con equipos enfrontados e o “curral” faría as veces de portería.