Saltar navegación

6 - Glosario

  A  Alfa partícula  Núcleo do átomo de helio formado por dous protóns e dous neutróns. As partículas alfa son emitidas polos núcleos radioactivos cunha velocidade aproximada de 20 000 km/s, son pouco penetrantes.
 atm  Núcleo do átomo de helio formado por dous protóns e dous neutróns. As partículas alfa son emitidas polos núcleos radioactivos cunha velocidade aproximada de 20 000 km/s, son pouco penetrantes.
 B  Barómetro  Aparello que mide a presión do aire atmosférico.
C Cámara de névoa Recipiente con vapor de auga a moi baixa presión. Cando unha partícula subatómica (protón, electrón...) con carga eléctrica pasa a través da cámara deixa unha pegada de finísimas pingas de auga, o que permite ver a súa traxectoria.
Celisius Unidade de temperatura na escala do seu nome, tamén chamada centígrada. Na escala centígrada a auga funde a 0 ºC e ferve a 100 ºC
Covalente Tipo de enlace entre átomos que se forma compartindo electróns.
  D  Densidade Relación entre a masa dun corpo e o seu volume: d = masa/volume. Mídese en kg/m3 ou en g/cm3. A densidade da auga líquida é de 1000 kg/m3 ou 1 g/cm3
 Ductilidade Propiedade dos metais de poderen transformarse con facilidade en fíos sen romper
E Electrolise Reaccións químicas provocadas pola electricidade. Así, a electrólise da auga descompona en hidróxeno e osíxeno, por exemplo
Estado de agregación Nivel de agregación das partículas dun corpo. Os estados de agregación son sólido, líquido e gas; hai outro estado chamado plasma, que se dá a temperaturas elevadísimas
Estrela de neutróns Corpo moi denso resultante do estoupido dunha estrela de moita masa. Este tipo de estrelas está composto principalmente de neutróns como resultado do colapso da codia de electróns no interior do núcleo
 F  Furado negro  Corpo moi denso resultante do estoupido dunha estrela de maior masa que a produce unha estrela de neutróns. Chámase así porque o campo gravitatorio do furado é tan intenso que nin a luz pode escapar del, de xeito que non se pode ver: é negro
I Isótopos Núcleos pertencentes ao mesmo elemento químico que teñen igual número atómico e distinto número másico
IUPAC Unión Internacional de Química Pura e Aplicada. É o organismo científico multinacional que acorda as normas sobre a química
K Kelvin Unidade de temperatura do Sistema Internacional de unidades. Na escala kelvin, a auga funde a 273.15 K e ferve a 373.15 K.
    M   Maleabilidade Propiedade dos metais de poderen transformarse en láminas sen romper
Manómetro Instrumento que mide a presión dun fluído (líquido ou gas)
 Matraz Recipiente de vidro moi utilizado nos laboratorios de química. O representado nesta unidade didáctica corresponde ao matraz erlenmeyer
 Mercurio  Metal líquido a temperatura ambiental, de símbolo Hg
 Microscopio de efecto túnel  Microscopio baseado no efecto cuántico chamado efecto túnel, que consiste que unha partícula (un electrón neste caso) pode atravesar unha barreira tendo menos enerxía que a teoricamente necesaria. Permite cartografar o relevo das superficies dos sólidos a nivel atómico.
 Milibar  Unidade de presión equivalente a unha milésima de bar, de símbolo mb. Unha atmosfera equivale a 1013 milibares
 

mmHg

 Unidade de presión equivalente a presión exercida por unha columna de mercurio líquido de 1 milímetro de altura. Unha atmosfera equivale a 760 milímetros de mercurio; 1 atm = 760 mmHg.
 

Monoatómico

 Que ten un único átomo.
N Número atómico Número de protóns dun núcleo. Denótase coa letra Z.
Número másico Número de protóns máis neutróns que hai no núcleo dun átomo. Represéntase coa letra A.
P Pascal Unidade de presión no Sistema Internacional. Equivale á presión exercida por unha forza de un newton repartida na superficie de 1 metro cadrado: 1 Pa = 1 N/ m2
Periódico Que se repite a intervalos regulares. Referido aos elementos químicos, as súas propiedades xerais repítense regularmente no sistema periódico.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0