1.3 Obxectivos
Obxectivos
-
Aceptar que a ciencia traballa con modelos e que a validez deles reside na capacidade que teñen de explicar fenómenos experimentais e predicir outros novos.
-
Sinalar os trazos principais do modelo cinético-corpuscular da materia.
-
Xustificar fenómenos experimentais que ocorren nos gases e nos líquidos co modelo cinético.
-
Comprobar e aceptar que os modelos científicos non son definitivos, analizando o ocorrido co modelo atómico.
-
Identificar as partículas constituíntes do átomo, a súa carga eléctrica, a posición no átomo e os movementos que realizan.
-
Caracterizar un átomo polos seus números atómico (Z) e másico (A), en relación coa posición do elemento no sistema periódico.
-
Clasificar as substancias en elementos ou compostos, e en puras ou mesturas, utilizando representacións gráficas de átomos, moléculas e redes cristalinas.
-
Situar no sistema periódico os elementos máis salientables ou frecuentes na vida cotiá.
-
Coñecer os trazos máis salientables dos modelos de enlace iónico, covalente e metálico.
-
Predicir o tipo de enlace que se formará entre dos elementos químicos e adiantar as súas propiedades.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0