Saltar navegación

2.12 Enlace químico

Case todos os átomos teñen tendencia a unirse a outros átomos formando moléculas ou redes cristalinas (partículas ordenadas xeometricamente, formando filas e planos):

Auga

Osíxeno

Rede metálica cristalina

Rede cristalina iónica

Molécula de auga Molécula de osíxeno Rede cristalina metálica Rede cristalina iónica

Etanol

Por JeanMi, Creative commons

A unión entre dous átomos chámase “enlace químico”. Por que se enlazan os átomos? Porque xuntos teñen menos enerxía que separados e así aumenta a súa estabilidade; ceden, captan ou comparten os seus electróns máis externos co fin de alcanzar esa maior estabilidade.

Os átomos poden unirse entre si de tres formas que dan lugar a tres tipos de enlace diferentes: enlace iónico, enlace covalente e enlace metálico. Vexamos isto deseguido.

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0