4 Actividades complementarias
Teoría cinética da materia
S26. Temos un litro dun gas medido a 1 atm de presión e -15 ºC de temperatura. Sen variar a temperatura, a que presión hai que pór o gas para que o seu volume se reduza a 0,6 litros?
S27. Dentro dos pneumáticos dun coche a presión do aire é 2.5 atm, medido a 20 ºC. Co movemento do coche, o aire das rodas quece polo rozamento do pneumático contra o chan, e alcanza 40 ºC. Cal é a presión nas rodas a esa temperatura?
S28. Explique por que un gas pode comprimirse ata ocupar un volume bastante máis pequeno que o do principio.
S29. Como explica usando a teoría cinética da materia os feitos seguintes?
-
-
Deixamos no fondo dun vaso con auga un cristal iónico violeta, e o líquido acaba collendo esa cor.
-
As partículas do po que hai na aula móvense dun lado ao outro, vémolas cando entra pola ventá unha raiola de sol.
-
S30. A naftalina é unha substancia que se usaba para protexer as prendas de roupa. Que cambio de estado ocorre na naftalina? Como se estende a naftalina polo interior do armario protexendo a roupa?
S31. Usando o modelo cinético da materia, xustifique os feitos seguintes:
-
-
Se quentamos un gas aumenta a súa temperatura.
-
Os gases exercen presión.
-
Os gases son compresibles, e os líquidos non.
-
Teoría atómica da materia
S32. Coñecemos os datos seguintes dos átomos A, B, C e D:
| A | B | C | D |
|
|
|
|
- Cales son isótopos diferentes do mesmo elemento químico?
- Os átomos B e C son do mesmo elemento?
S33. Complete o cadro seguinte (pode usar o sistema periódico dos elementos):
| Átomo | Z | A | Nº protóns | Nº neutróns | Nº electróns |
| Na | |
|
11 | 12 | |
| Si | |
|
28 | 14 | |
| Ca | 20 |
20 | |||
| O | 16 | ||||
| S | 16 | 32 | |||
|
K+ |
19 | 21 | |||
|
S-2 |
16 | 32 |
S34. Indique o número atómico, o número másico, o número de protóns e neutróns dos isótopos: He-4, Na-23, O-17.
S35. Xustifique se as afirmacións seguintes son falsas ou verdadeiras:
- O modelo atómico de Dalton explica a natureza eléctrica da materia.
- Todas as partículas que forman os átomos teñen cargas eléctricas.
- O núcleo ocupa a maior parte do átomo.
- O número atómico dun elemento é un número natural que indica o número de neutróns que hai no núcleo.
S36. Ache o número de protóns, neutróns e electróns que teñen os átomos seguintes:
![]()
S37. Indique como poden conseguir a configuración de gas nobre os seguintes átomos: flúor, bromo, osíxeno, xofre, potasio, litio, calcio, aluminio.
Teoría atómica da materia (continuación)
S38. Nas seguintes frases hai algún erro. Atópeo.
- O neutrón e o protón teñen a mesma carga pero de signo contrario.
- O electrón e o protón teñen case a mesma masa.
- Os protóns e os electróns repélense porque teñen cargas de signos contrarios.
S39. Indique se as afirmacións seguintes corresponden ao modelo de Thomson, ao de Rutherford, ao mecanocuántico ou a varios deles:
| Afirmacións | Modelo |
| Os átomos son esferas compactas. | |
| O núcleo é moito máis pequeno que o átomo en conxunto. | |
| Os átomos son neutros. | |
| Non sabemos a posición exacta do electrón, soamente a probabilidade de atopalo nun lugar determinado. |
S40. Pode ser o número másico dun átomo maior que o seu número atómico? Poden ser ambos os números iguais?
S41. Verdadeiro ou falso?
- Os isótopos son átomos que teñen distinto número másico.
- Se dous elementos químicos teñen igual número másico e diferente número atómico son isótopos.
S42. Ten no laboratorio tres substancias e non sabe que son. Que conclusións pode tirar dos feitos experimentais seguintes en canto ao tipo de enclace?
- Unha substancia ten aspecto cristalino e disólvese ben en auga.
- Outra substancia é líquida a temperatura ambiente, ferve a 65 ºC e non se disolve en auga.
- A terceira substancia é sólida e conduce moi ben a electricidade.
S43. O cloruro de X é sólido a temperatura ambiente, funde a alta temperatura, disólvese relativamente ben en auga, e disolvido conduce ben a electricidade.
- Que tipo de enlace ten ese cloruro?
- O átomo X, é un metal ou un non metal?
Teoría atómica da materia (continuación)
S44. Verdadeiro ou falso?
- No enlace iónico os átomos comparten electróns.
- As substancias iónicas conducen ben a electricidade.
- Todos os gases a temperatura ambiente son substancias covalentes.
- Todas as substancias líquidas a temperatura ambiente son covalentes.
- Na rede cristalina metálica non hai anións.
- No enlace covalente, os dous átomos enlazados comparten todos os seus electróns.
S45. Clasifique as substancias seguintes segundo o tipo de enlace que haxa entre os seus átomos: P2O5, C4H10, CaS.
S46. Que propiedade dos metais permite facer dunha lámina o capó dun coche?
S47. Na rede cristalina metálica e na iónica hai ións. Sinale as diferenzas entre elas.
S48. Tendo en conta o tipo de enlace en cada substancia, cubra o cadro:
| Substancia | Sólido a temperatura ambiente? | Soluble en auga? | Condutor da electricidade en estado sólido? |
| Mg | |||
| NaCI | |||
| SiO2 | |||
| N2 |
S49. Un compoñente fundamental na molécula que transporta o osíxeno no sangue é un metal. Cal é? Como se chama a doenza que denota a súa carencia ou baixo nivel?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0