2.11.2 Grupos e períodos
Algúns dos grupos do sistema periódico teñen especial interese para a Química, xa que os elementos que os forman interveñen nun gran número de procesos. Estes grupos reciben nomes especiais:
-
O grupo 1 (agás o hidróxeno): son os elementos alcalinos.
-
O grupo 2: son os alcalinotérreos.
-
Do grupo 3 ata o 12: son os metais de transición.
-
O grupo 16: son os anfíxenos.
-
O grupo 17: son os halóxenos.
-
O grupo 18: son os gases nobres.
-
Os dous períodos que figuran abaixo de todo na táboa periódica son os lantánidos e os actínidos, en conxunto chamados terras raras
Por Grupo Lentiscal, Licenza: Uso educativo
Actividades resoltas
Escriba o nome e o símbolo de:
| Dous metais alcalinos | Cesio (Cs), litio (Li). |
| Dous semimetais | Selenio (Se), xermanio (Ge). |
|
Tres metais de transición |
Cromo (Cr), rutenio (Ru), ouro (Au). |
| Dous gases inertes | Ar (argon), Xe (xenon). |
| Un halóxeno | Cl (cloro). |
| Dous non metais | Xofre (S), carbono (C). |
| Un actínido | Uranio (U). |
Actividades propostas
S17. Un halóxeno úsase en lámpadas domésticas e nos faros dos coches. Cal é?
S18. Cantos elementos químicos contén o 6º período?
S19. En substitución do termómetro de mercurio vén de aparecer nas farmacias o termómetro de galistán. O galistán é unha nova aliaxe líquida de metais. Procure en internet que metais forman esta mestura e en que proporción.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0