2.6.3 Modelo atómico de Thomson (1897)
Noventa anos despois de Dalton, o físico J.J. Thomson propuxo a existencia de partículas con carga eléctrica negativa nos átomos de todos os elementos para explicar experimentos coma a electrólise ou a adquisición de carga eléctrica cando friccionamos os corpos; chamou a estas partículas electróns (do grego elektron que significa “ámbar”). Thomson mediu experimentalmente que a masa dos electróns era moito menor que a masa do átomo.
Pero, se a materia era electricamente neutra (sen carga), os átomos tamén debían ser neutros. Como é un átomo entón se pensamos na existencia de electróns negativos? Por de pronto xa non é indivisible, como dicía Dalton, xa que do átomo poden saír electróns, moito menores que o átomo enteiro. Ademais dos electróns ten que haber carga eléctrica positiva que compense a negativa e faga neutro o átomo. Thomson pensou que os electróns poderían estar espallados por unha esfera homoxénea de materia positiva. A este modelo coñeceuse popularmente como modelo do “pudding de pasas”, no que os electróns son as pasas somerxidas nunha masa de biscoito positiva.
|
|
|
| J.J. Thomson no seu laboratorio | Imaxe do átomo de Thomson |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

