Teoría cinética e atómica da materia
2.6 Teoría atómica (unha longa historia)
Milleiros de resultados experimentais avalan a idea de que os gases, os sólidos e os líquidos, en todo o universo, están formadas por átomos. Pero chegar a esta conclusión levoulle á humanidade séculos. A pequena “historia” do átomo é un exemplo magnífico de como se traballa en ciencias: idéanse modelos de como cremos que é a realidade, que serán válidos se explican feitos coñecidos e deixan de ser válidos cando novos resultados experimentais non concordan co modelo. Isto é o que ocorreu coa idea do átomo (e probablemente a historia continúe...).
|
|
|
|
| Aurora boreal: estas luces prodúcense cando as partículas subatómicas procedentes do sol baten contra as moléculas do aire preto dos polos terrestres. | Imaxe de átomos de ferro nunha superficie tomada cun microscopio de efecto túnel. As ondas vermellas representan o movemento de electróns atrapados entre os átomos |
Fotografía dunha cámara de néboa. Un electrón e un positrón acabados de crear móvense nun campo magnético |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0


