Saltar navegación

2.15.1 Propiedades dos metais

  • Poden ser elementos puros ou mesturas de varios metais (aliaxes).

  • Son sólidos a temperatura ambiente, aínda que hai uns poucos líquidos, como o mercurio.

  • Son bos condutores da calor e da electricidade, debido á doada mobilidade dos electróns pola rede metálica.

  • Disólvense ben con outros metais cando están fundidos.

  • A rede cristalina metálica pode deformarse e facer láminas (maleabilidade) ou fíos (ductilidade), e non son fráxiles.

 

Actividades resoltas

Que tipo de enlace (iónico, covalente ou metálico) se formará entre as parellas de elementos seguintes: Fe-Al, Li-Cl, O-N, C-C, Na-Na, H-Ne?

Fe- Al Metálico (son dous metais)   C-C Covalente (son non metais)
Li-Cl Iónico   Na-Na Metálico
O- N Covalente   H-Ne Covalente

 

Cando se xuntan metais diferentes forman aliaxes e non compostos. Por que?

Solución Os compostos teñen fórmulas fixas, como CO2 (dous átomos de osíxeno por cada un de carbono). Nas aliaxes a proporción entre os dous metais que se enlazan pode ser moi variable, non ten que ser fixa. Realmente son máis unha disolución que un composto en sentido estrito.
 

Actividades propostas

S25. As redes cristalinas do enlace iónico son fráxiles, non poden deformarse sen romper. Pero as metálicas si. Por que? Axúdese observando as figuras:

Rede iónica

Rede metálica

Un golpe na rede iónica... ... e outro na rede metálica.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0