Saltar navegación

2.13 Modelo de enlace iónico

Da actividade anterior deducimos que os metais teñen tendencia a perder electróns e os non metais a capturalos para conseguir eses 8 electróns na derradeira capa.

Isto é o que ocorre cando se enlazan átomos dos metais con átomos dos non metais por medio do enlace iónico. Vemos isto cun exemplo, a formación do cloruro de sodio NaCl:

NaCl

Se metemos no mesmo recipiente sodio metálico e gas cloro, cada átomo de sodio, Na, perderá un electrón, transfórmase no catión Na+, mentres que o átomo de cloro, Cl, gañará un electrón e converténdose no anión Cl-: é unha transferencia dun electrón dun átomo a outro.

Como as cargas eléctricas de signos opostos se atraen, os ións quedan enlazados formando unha rede cristalina tridimensional; fíxese nas figuras seguintes:

Cristal de Halita

Cristal de Halita

Cristal de Halita

Cristal de halita, NaCl

 

 

A estrutura cristalina "ben ordenada" reflíctese na forma xeométrica externa dos minerais, que teñen caras planas e arestas ben definidas.

Por Holger Schickor, Licenza : uso educativo

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0