2.8.1 Número atómico (Z) e número másico (A)
Número atómico (Z)
É o número de protóns que ten un núcleo. Todos os átomos do mesmo elemento químico teñen igual número atómico. Por exemplo, todos os átomos de ferro teñen 26 protóns e todos os de carbono seis protóns.
Número másico (A)
É o número de protóns mais neutróns do núcleo, é dicir, o número total de partículas que hai no núcleo. Aínda que este número non é exactamente igual á masa do átomo, e moi semellante a ela; de aí o seu nome. Desta definición dedúcese que o número de neutróns dun átomo é A-Z.
Así escribimos o símbolo completo dun átomo que ten sete protóns e oito neutróns:

É nitróxeno porque nitróxeno son todos os átomos que teñen sete protóns.

É un átomo que ten 26 protóns positivos, 30 neutróns e 26 electróns. Nun átomo neutro o número de protóns (positivos) ten que ser igual ao número de electróns (negativos).
Actividades resoltas
1. Escriba os símbolos completos dos átomos seguintes coa información que se dá en cada caso:
| Z = 12, número de neutróns = 15 |
|
| Z = 25, A = 54 |
|
|
Número de protóns = 30, A = 65 |
|
2. Elabore unha táboa que indique o número de protóns, neutróns, electróns, número atómico e número másico dos átomos seguintes:
2311Na 13H 1 1H 188O 23892U
| Nº de protóns | Nº de neutróns | Nº de electróns | Nº atómico Z | Nº másico A | |
| 2311Na | 11 | 12 | 11 | 11 | 23 |
| 13H | 1 | 2 | 1 | 1 | 3 |
| 1 1H | 1 | 0 | 1 | 1 | 1 |
| 188O | 8 | 10 | 8 | 8 | 18 |
| 23892U | 92 | 146 | 92 | 92 | 238 |
Actividades propostas
S11. Indique nos seguintes elementos o número de electróns, protóns e neutróns.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0