Saltar navegación

3 Resumo de contidos

  • Gases. Non teñen forma nin volume fixos. As moléculas dos gases están en continuo movemento, batendo entre elas e contra as paredes. A presión dos gases é debida a estes choques.

  • Lei dos gases

    • Se a temperatura non varía: P1V1 = P2V2

    • Se o volume é constante: Lei dos gases

    • Se a presión é constante: Lei dos gases

Lembre que a temperatura hai que póla en kelvins: TK = TC + 273

  • Líquidos e sólidos. Os átomos e as moléculas están neles moi próximos, por iso non reducen o seu volume cando os comprimimos.

  • Cambios de estado de agregación. Podémolos explicar usando o modelo cinético da materia.

  • Modelos atómicos.

    • Dalton: esferas macizas sen cargas eléctricas.

    • Thomson: esfera maciza de carga positiva con electróns negativos incrustados e espallados pola esfera (modelo sandía).

    • Rutherford: o átomo ten un núcleo diminuto con protóns positivos. Arredor do núcleo móvense os electróns, como os planetas arredor do sol.

    • Modelo de orbitais: o átomo ten un núcleo diminuto con protóns positivos e neutróns e arredor do núcleo móvense os electróns. Non podemos saber con certeza a posición do electrón nin a súa traxectoria, soamente a probabilidade de atopalo nun lugar determinado arredor do núcleo.

  • Número atómico (Z): é o número de protóns que hai no núcleo.

  • Número másico (A): é o número de protóns máis de neutróns do núcleo.

  • Isótopos: núcleos que teñen igual número atómico e diferente número másico.

  • Elemento químico: substancia formada por átomos con igual número atómico. Exemplos: O2, P4, Al, S8.

  • Composto químico: substancia formada por dous ou máis elementos. Exemplos: H2O, C6H12O6.

  • Enlace químico: é a unión entre átomos (iguais ou diferentes).

  • Enlace iónico:

    • Fórmase entre un metal e un non metal.

    • O metal cédelle electróns ao non metal.

    • O átomo do metal convértese nun catión positivo, o non metal nun anión negativo.

    • Fórmase un composto químico, nunca un elemento.

    • Os ións organízanse nunha rede cristalina iónica.

    • Non conducen a electricidade en estado sólido, pero si fundidos ou disolvidos.

    • Son duros e fráxiles, funden a temperaturas elevadas.

  • Enlace covalente:

    • Únense así os átomos dos non metais.

    • Os átomos enlazados comparten parellas de electróns; cada parella compartida equivale a un enlace covalente.

    • Forman moléculas a maioría das veces.

    • Non conducen en xeral a corrente eléctrica; son pouco ou nada solubles en auga, pero si o son en disolventes orgánicos.

    • Teñen temperaturas de fusión e ebulición baixas.

  • Enlace metálico:

    • Dáse entre os átomos dos metais.

    • Xúntanse moitos átomos de metal compartindo electróns, formando unha rede cristalina con catións. Os electróns móvense entre estes catións por toda a rede metálica.

    • Conducen ben a corrente e a calor.

    • Non son duros nin fráxiles; son dúctiles e maleables.

 

Resumo

 

 

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0